SENDEIRO POLA ILLA DE CORTEGADA E CARRIL VILAGARCÍA
ALUMN@S DE 4º, 5º E 6º E.PRIMARIA
14 SETEMBRO 2013
|
PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS |
|
VISTA AÉREA DO ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA E O PORTO DE CARRIL NA RÍA DE AROUSA. |
Na entrada deste blog "ILLAS CÍES" poderás atopar moita máis información sobre todos os aspectos do PARQUE NACIONAL: (preme sobre o seguinte enlace)
|
CRUCEIRO DA RUTA MARÍTIMO-FLUVIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO. MALVEIRA
|
|
CRIADEIROS DE AMEIXA E BERBERECHO |
|
PORTO DE CARRIL |
|
CAPELA E CRUCEIRO DA VIRXE DOS MILAGRES |
|
AS MALVEIRAS DENDE CORTEGADA |
|
BOSQUE DE PIÑEIROS |
|
BOSQUE DE LOUREIROS (LAURISILVA) |
|
ANEMOMORFISMO: INCLINACIÓN DAS ÁRBORES PRODUCIDA POLO VENTO |
DA ÉPOCA ROMANA ATOPOUSE UN PECIO (RESTOS DUN NAUFRAXIO) DUNHA NAVE ROMANA, NO NORTE DA ILLA, ONDE SE ATOPARON VARIAS ÁNFORAS E RESTOS DE CERÁMICA.
PARA DEFENDERSE DOS ATAQUES DOS NORMANDOS OU VIQUINGOS CONSTRUÍRONSE POLA RÍA DE AROUSA TORRES DEFENSIVAS.
OS NORMANDOS ATRAÍDOS POLA SONA DAS RIQUEZAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA , TENTABAN CHEGAR ALÍ ENTRANDO POLA RÍA DE AROUSA E LOGO SUBINDO POLO RÍO ULLA .
ENTRE AS TORRES MEDIEVAIS ESTABAN AS DE A LANZADA, A DE SAN SADURNIÑO (CAMBADOS), AS TORRES DE CATOIRA, ONDE HOXE SE CELABRA UNHA ROMARÍA VIQUINGA , DE TODAS ELAS QUEDAN RESTOS QUE PODEDES OBSERVAR. NA ILLA DE CORTEGADA EXISTÍA TAMÉN UNHA TORRE DEFENSIVA, DA QUE XA NO QUEDAN RESTOS.
INSECTOS XILÓFAGOS (COLEÓPTEROS) : ALIMÉNTANSE DE MADEIRA
|
TRONCO COMIDO POLOS INSECTOS XILÓFAGOS |
A ALDEA DE CORTEGADA:
A RUTA MARÍTIMO-FLUVIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO:
No ano 44 a ría de Arousa foi surcada pola barca que transportaba o corpo do Apóstolo Santiago camino de Compostela.
Tras ser decapitado en Terra Santa, os seus restos foron trasladados polos seus discípulos Atanasio e Teodoro, quen conducidos por un anxo e guiados por una estrela, chegaron ás costas de Galicia, entraron pola ría de Arousa e subiron polo río Ulla ata Iria Flavia e Padrón, onde se di que amarraron a barca nun "pedrón" de aí o nome desta localidade.
Logo de pasar algunhas adversidades como as provocadas pola raíña Lupa, chegaron a Santiago de Compostela.
Esta Ruta Marítimo-fluvial está sinalada por diferentes cruceiros, como os que hai na illa de Cortegada e nas Malveiras.
|
TRASLADO DO APÓSTOLO SANTIAGO POLA RÍA DE AROUSA ATA SANTIAGO |
FOTOS DO SENDEIRO
|
CHEGADA AO PORTO DE CARRIL |
|
IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL |
|
CRUCEIRO DA IGREXA DE CARRIL |
|
AGARDANDO POLO BARCO |
|
... E POR FIN EMBARCAMOS RUMBOA Á ILLA |
|
DESEMBARCO NO PEIRAO DE CORTEGADA |
|
NA CAPELA DE NOSA SRA. DOS MILAGRES |
|
COMEZAMOS A NOSA ANDAINA |
|
FACENDO UN DESCANSO E REPOÑENDO FORZAS EN PUNTA FRADIÑO |
|
CRUCEIRO QUE MARCA A RUTA MARÍTIMO-FLUVIAL POLA RÍA DE AROUSA
PUNTA CORVEIRO (ILLA DE CORTEGADA) |
|
SIMBOLOS DOS PEREGRINOS A SANTIAGO: A CUNCHA DE VIEIRA. |
|
CRUZ DE SANTIAGO |
|
EDRA (HIEDRA) |
|
ACABAMOS DE RODEAR A ILLA ... |
|
DE VOLTA A CARRIL |
|
HORA DE XANTAR NA PRAIA DE COMPOSTELA (VILAGARCÍA DE AROUSA) |
E, POR FIN, UN REFRESCANTE CHAPUZÓN NA PRAIA DE COMPOSTELA(VILAGARCÍA DE AROUSA)
|
VIVEIROS OU CRIADEIROS DAS FAMOSAS AMEIXAS DE CARRIL |
No hay comentarios:
Publicar un comentario