Hai diferentes tipos de sendeiros :
SENDEIROS DE GRAN RECORRIDO GALEGO (G.R.G.) : son aqueles que teñen unha lonxitude superior aos 50 Km que soen conectar camiños, calzadas, pistas e calquera outro tipo de vía non apta para vehículos a motor.Están sinalizados con liñas brancas e bermellas. Normalmente unen bisbarras e mesmo poden pasar dunha autonomía a outra ou dun país a outro.
SENDEIROS DE PEQUENO RECORRIDO GALEGO (P.R.G.) : Soen ser inferiores aos 50 km , son de ambito local e poden ser recorridos en menos de dous días; poder ser liñais e circulares, sendo estes últimos os máis cómodos, pois nos liñais hai que volver a facer o camiño de volta para volver a chegar ao inicio. Están sinalizados con liñas de cor branca e amarela.
AS DERIVACIÓNS : son rutas que parten dun sendeiro e acaban nunha vila, nun pobo, nun lugar de interese... de xeito que a volta ó mesmo sendeiro debe facerse polo mesmo camiño. A sinalización e a mesma pero as liñas van atravesadas por unha liña diagonal en branco.