Este sendeiro é local. Está sinalado con marcas brancas e azuis ou verdes. |
Hai dous sendeiros : a) Sendeiro curto, branco e verde e b) Sendeiro longo, branco e azul. Cando se ven as tres marcas xuntas é que coinciden os dous sendeiros. |
No curso baixo do río as augas doces do río mestúranse coas salgadas do mar (marisma), onde antigamente había unha lagoa. Aí podemos atopar especies vexetais como : carrizos, espadanas, xuncos, salgueiros, ameneiros, sabugueiros etc.
En canto á fauna podemos observar, dependendo da época do ano : Garza real, garceta, picapeixes, lavancos, ...
Neste curso baixo o río vai moitas veces entre casas, é unha zona urbana moi humanizada.
No curso medio predominan os salgueiros e ameneiros o río discorre con máis forza podemos atopar nas súas marxes seixos e pelouras (cantos rodados).
Logo entraremos nunha zona na que predominan os cultivos:
Mapa topográfico do sendeiro |
Carrizos e espadanas |
En canto á fauna podemos observar, dependendo da época do ano : Garza real, garceta, picapeixes, lavancos, ...
Lavancos reais (macho e femia) |
Neste curso baixo o río vai moitas veces entre casas, é unha zona urbana moi humanizada.
No curso medio predominan os salgueiros e ameneiros o río discorre con máis forza podemos atopar nas súas marxes seixos e pelouras (cantos rodados).
Logo entraremos nunha zona na que predominan os cultivos:
viñas, legumes, millo, patacas, e pasteiros ou comareiros para o gando e maceiras coas que se elaboraba a sidra; entre os que podemos apreciar os sistemas de rega : canles, levadas, presas...
Xa podemos ver varios muíños.
Canles e sistemas de rego |
LEVADA |
Xa podemos ver varios muíños.
No curso alto do río seguiremos por un vello camiño empedrado que se dirixe ao Xaxán onde podemos observar as rodeiras dos carros, o que nos indica a gran trafico de carros por estes camiños.
Estes camiños ían polas zonas con menos dificultade e máis doadas para andar. Como di o refrán :
Nesta zona, moito máis húmida, hai unha gran variedade de liques e brións e cogomelos:
Nela podemos ver varias pozas e fervenzas.
Nas zonas de monte en man común abondan o gando vacún e os cabalos galegos que pastan aquí.
Estes camiños ían polas zonas con menos dificultade e máis doadas para andar. Como di o refrán :
"Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño do carro"
CARROS DO PAÍS |
PARTES DUN CARRO |
RODEIRAS DOS CARROS |
Nesta zona, moito máis húmida, hai unha gran variedade de liques e brións e cogomelos:
Brións e esqueiros . |
Nela podemos ver varias pozas e fervenzas.
Nas zonas de monte en man común abondan o gando vacún e os cabalos galegos que pastan aquí.
Logo de seguir outro vello camiño empedrado pasaremos pola pequena aldea da Fraga na que podemos ver algunha das súas casas tradicionais ruinosas, canastros (hórreos), fontes, pozas... Nestas vivendas tiñan na planta baixa as cortes para os animais e a cociña e no segundo andar as habitacións, aproveitando así o calor producido polos animais e da cociña para manter quentes as habitacións.
Se non ves ben os nomes das partes do horreo podes ampliar a imaxe dúas veces facendo clic sobre ela ata que sexa lexible.
Nos canastros gardábase o gran das colleitas, sobre todo o millo.
Nos canastros gardábase o gran das colleitas, sobre todo o millo.
Nas pozas era onde se poñía a remollo o liño coa que se facían noutras épocas os tecidos para a roupa.
O TERREIRO DO MILLO
TERREIRO, EIRADO, EIRA: eran terreos chans onde se levaban a cabo a malla dos cereais...
O millo vai ser introducido en Galicia e nesta zona no s.XVII, traído de América, pois ata ese momento era tradicional cultivar paínzo ou millo miúdo, centeo e trigo. Este millo miúdo vai desaparecer sendo substituído polo millo americano que mesmo adopta o seu nome.
O millo vaise transformar nun dos principais cultivos da zona. Seméntase polos meses de abril e maio nos terreos de secano e en maio ou xuño nos de regadío.
Flor masculina do millo (Pendón) |
Flor feminina con froitos |
Folla do millo |
Talo |
Raíz fasciculada |
Campo de millo |
Arrincándolle o follaco |
Mazaroca de millo |
Para cultivalo precisa primeiro da limpeza das leiras, o carrexo do esterco que se vai botando en pequenos montonciños para logo esparexelo coa fisga ou galla por toda a leira.
O arado que era tirado por un par de bois ou vacas xunguidas ía fendendo a terra en regos, detrás del as mulleres ían botando o gran.
A continuación pasábase a grade para esmiúzar os terróns e limpar e achanzar a leira. A grade era pasada normalmente polo cabalo e como contrapeso empregábase, polo xeral, unha pedra ou un rapaz.
ARADO ROMANO |
A continuación pasábase a grade para esmiúzar os terróns e limpar e achanzar a leira. A grade era pasada normalmente polo cabalo e como contrapeso empregábase, polo xeral, unha pedra ou un rapaz.
DIFERENTES TIPOS DE GRADES |
A GRADE |
Os arados foron uns trebellos moi importantes, xa que facilitaban o traballo, como máis adiante farían as sementeiras e outras máquinas ou trebellos máis modernos.
Arado moderno |
Sementadora |
Unha vez sementado o millo procedíase á rega e á limpeza de malas herbas.
Mentres o millo maduraba, como eran os meses en que había menos forraxe para os animais aproveitábase o pendón do millo para alimentalo ao mesmo tempo que se facilitaba a maduración e secado da mazaroca.
Unha vez chegado o momento da seitura ou sega recollíanse as mazarocas e as canas xuntábanse en palleiros que eran logo empregados no inverno como alimento do gando.
Coas mazarocas xa na eira, chegaba o momento da esfollada, quitándolle o follaco que a cobre deixándoa espida e sendo gardada de seguido nos hórreos ou canastros para o seu secado e consumo ao longo de todo o ano.
Cando a producción de millo era pequena todos estes traballos facíanse na propia leira. Pero nas casas onde a colleita era grande @s veciñ@s reuníanse para traballar xuntos dentro dun ambiente de festa. Moz@s aproveitaban para mocear valéndose de cantigas.
Unha vez que as mazarocas estaban secas debullábanse os grans para moelos nos muíños e obter deste xeito a fariña.
O TERREIRO DO MUÍÑO
Os muíños son construccións que aproveitan a forza da auga para mover unha roda de pedra chamada moa ou capa que xira sobre outra pedra cilíndrica fixa chamada pé da moa. Entre elas hai un oco que pode diminuir ou aumentar, segundo se desexe, pola que vai caendo o gran polo buraco chamado ollo da moa dende unha caixa con forma de pirámide invertida chamada moega.
A moega está aberta pola parte superior para poder botar o gran, e tamén pola parte inferior, para que os cereais cheguen a unha canle de madeira chamada quenlla, que é a que dirixe aos cereais cara o burato central chamado ollo da moa. A través deste burato os grans métense entre entre a moa e o pé, e por medio do movemento circular da moa contra o pé, o gran desfaise converténdose en fariña.
MOEGA |
PROPIEDADE DOS MUÍÑOS
A propiedade dos muíños foi evolucionando segundo a época, así os primeiros aparecen a nome de curas, casas nobres e labregos ricos para pasar a xeneralizarse coa introducción do millo en Galicia.
TIPOS DE TELLADOS. MAMPOSTERÍA E SILLERÍA |
- a) Na actualidade os máis deles soer ser "comunitarios" ou de "herdeiros" dispondo dun dereito de uso regulamentado por un rateo (reparto) de horas e días chamadas "tandas" ou "partillas".
-
- b) Os de propiedade particular chámanse muíños de "maquías" e chámanse así porque a maquía era a parte proporcional de gran ou fariña que o propietario cobraba pola moenda. Esta parte medíase nesta bisbarra en "cuncas" ou "ferrados".
PLANTA DUN MUÍÑO |
Moitas destas relacións aparecen reflectidas na nosa cultura tradicional. Cada certo tempo organizábanse moendas colectivas nas que a conversa e a troula formaban parte da actividade. Estas moendas colectivas coñecíanse tamén por "muiñadas" e saíanse celebrar polas noites e a elas chegaba tamén a mocidade.
Crese que algunha variedade da muiñeira podería ter a súa orixe nesta xuntanza popular ao copiar o movemento circular da moa. Ademais a festa completábase con cantigas populares nas que o muíño era o referente como:
"Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada".
ou
"O muíño moe, moe
non bota a fariña fóra.
A muller do muiñeiro
Ou estoutra :
"Cantas veces fun moer
a dentro dese muíño,
non tiña medo a morrer
e máis ía eu soíño".
Pódeste facer unha idea do sendeiro observando o seu perfil:
Lembra que é o percorrido longo.
VEXETACIÓN QUE PODES VER AO LONGO DO SENDEIRO:
Cáncaro ou prímula: é unha das primeiras flores que aparecen antes da chegada da primavera o mesmo que os amarelles(narcisos) |
Fentos ou fieitos: ao longo do sendeiro podes ver unha gran variedade. |
Blechnum Spicant, é outro tipo de fento semellante á raspa dunha sardiña. |
Picanceira, picacú, rusco ou brusco: emprégase contra as varices e as hemorroides. |
Panel informativo. |
CICUTA : planta moi velenosa. Sócrates e outros condenados a morte beberon unha infusión feita con esta planta. |
Vimbieiras (Salix vimialis) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario