Mostrando entradas con la etiqueta ROCHAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROCHAS. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de marzo de 2011

AS ROCHAS EN GALICIA


PENEDOS GRANÍTICOS DE FARO BUDIÑO

O CICLO DAS ROCHAS :

Fai clic na imaxe para poder lela con claridade.




1.- AS ROCHAS MAGMÁTICAS:

Están presentes na zona occidental (Oeste) de Galicia. Explótanse en numerosas canteiras. Existen moitas variedades; é de salientar a explotación de granito rosa de Porriño, que se exporta en grande cantidades.

Granito : rocha magmática.


2.- AS ROCHAS METAMÓRFICAS: Lousas, Xistos e Gneis.

  • As LOUSAS (castelán: pizarras) : Están moi presentes na zona da Galicia oriental (Leste), nas provincias de Ourense e Lugo.

  • Os XISTOS (castelán : esquistos) : sitúanse na parte central de Galicia.

  • O GNEIS, "OLLO DE SAPO" : hai numerosos afloramentos sobre todo na metade occidental de Galicia. Unha variedade do gneis e o chamado OLLO DE SAPO, que ten grandes inclusións de feldespato ortosa e esténdese por unha estreita franxa que vai de norte a sur (dende Viveiro a Viana do Bolo).



 No seguinte mapa podes ver a distribución destas rochas en Galicia:
(Amplíalo facendo clic nel para velo mellor)


Distribución das rochas en Galicia




Lousa (pizarra), Xisto (esquisto) e Gneis


3.- AS ROCHAS SEDIMENTARIAS:

Existe unha gran variedade de rochas sedimentarias en Galicia: conglomerados, pedras de gra, e arxilas que soen ser empregadas para obtención de áridos, vidro e fabricación de cerámica respectivamente.
Hai tamén rochas calcarias (caliza) pero en menor proporción. Tamén hai rochas sedimentarias de orixe orgánica (animal ou vexetal) como o lignito, a turba (abondoso nas brañas ou turbeiras)


Conglomerado, pedra de gra e arxila

AS VIVENDAS :

A construcción das vivendas está estreitamente relacionada coa abundancia, no lugar onde se constrúan, dalgunha destas rochas .

As vivendas da nosa zona están construídas con granito o mesmo que os hórreos porque esta é a rocha máis abondosa nesta zona occidental. Os tellados soen ser de tella do país que tradicional facían os telleiros ou cabaqueiros como os famosos da zona de O Rosal.


COMBARRO: casas, hórreos... de granito.
Na zona oriental(Lugo e Ourense) as casas están contruídas con xisto e o tellado está cuberto de lousas.

<><><><> </>
Casas de xisto e lousa na zona oriental.
















PEDRA MIRANDA




ALVÉOLOS. PEDRA MIRANDA




PEDRA MIRANDA




BURACO DO INFERNO-ILLA DE ONS




BOLOS SAN CIBRÁN. COUSO
























COVA DOS NENOS. FARO BUDIÑO






































FURNA ILLAS CÍES




























PEDRA DA CAMPÁ -I.CÍES




PEDRA MIRANDA





























FARO BUDIÑO




















PEDRA DO EQUILIBRIO.PONTEAREAS




















PEDRA DA CAMPÁ .ILLAS CÍES





















MONTE PINDO