A serra do Galiñeiro exténdese ao longo de 8 Km en dirección sur, cara a Tui.As súas máximas alturas rondan ou pasan os 700 m e son : Galiñeiro Norte, Galiñeiro Sur e Arruídos ou Caldeirón ou Lombo da Raposa que é como se coñece o monte ao que imos ascender nesta ocasión, e o monte Aloia en Tui (629 m)
A serra remata en terras de Tui , cando chega ao monte Aloia. Ao longo da serra podemos atopar restos prehistóricos : restos dun poboado castrexo, mámoas, petroglifos de armas e un muíños excavados na rocha que nos dan idea da actividade agrícola e gandeira dos habitantes da prehistoria da zona.
Pola ruta ímonos atopar cun refuxio de Montañeiros Celtas e unha zona que serve como escola para a aprendizaxe da escalada.
Entre as rochas destacan os afloramentos de granito e o gneis riebeckita.
Podremos observar que a serra segue a ser lugar de pastoreo de vacas, cabras, cabalos que parece ser continuidade das actividades dos homes do neolítico.
TIPOLOXÍA DOS PETROGLIFOS GALEGOS |
En canto á vexetación, é de destacar o mato tipico galego : breixos, toxos, xestas , carqueixa, etc.
MONTE ARRUÍDOS, CALDEIRÓN OU LOMBO DO RAPOSO |
Podes ver este video de Xoán Arcodavella sobre petroglifos :
E podes ver estoutro para que te fagas unha idea sobre como eran as mámoas:
FOTOGRAFÍAS DO SENDEIRO:
A mestra Mati co ultimo berro en moda de "Montaña"... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario