A continuación tedes un mapa detallado do Concello de Redondela no que podedes situar os sendeiros:
O monte PENIDE, tamén chamado Mirallo está situado no concello de Redondela, no extremo dunha cadea de chairas: CHANS, que seguindo a dirección N-S abranguen un territorio que vai dende a ría de Vigo ata o val do Miño.
Monte PENIDE serve de separación entre a ría de vigo e o val do río Maceiras e o seu territorio está repartido polas parroquias redondelás de : Cabeiro, Negros, Cedeira, Trasmañó e Chapela.
MONTE PENIDE DENDE O LADO NORTE DA RÍA, TRAS A PONTE DE RANDE. PÓDESE OBSRVAR A CADEA DE CHANS. |
A situación deste lugar é estratéxica pois está preto da DEPRESIÓN MERIADIANA ( depresión que vai de Carballo a Tui, duns 140 km) . Esta deepresión foi sempre empregada como vía de comunicación dende épocas remotas , mesmo quedan vestixios de vías romanas e medievais.
En monte Penide existe unha das máis importantes NECRÓPOLES da nosa ría, pero tamén hai un variado conxunto de petroglifos e mesmo un rico folclore de lendas e historias,...
Se desexas máis información, podes atopala no enlace que che deixo a continuación, de onde foron sacadas algunhas das fotografías :
A ruta podes empezala na rotonda do zoo da Madroa seguindo as marcas do sendeiro das Greas
PREME O SEGUINTE ENLACE PARA ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTES ROTEIROS ARQUEOLÓXICOS:
LENDA DA MOURA DE CASTRO DE NEGROS |
MÁMOA DO REI |
MÁMOA DO REI |
FOTOS DAS TRES RUTAS (SÁBADO 11 OUTUBRO 2013):
1) RUTA DAS MÁMOAS
MÁMOA DO REI |
SINALIZACIÓN DA RUTA ARQUEOLÓXICA |
DEPRESIÓN DO RÍO MACEIRAS |
2) RUTA DO CASTRO DE NEGROS
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE A LENDA DA MOURA (A PRETA) DO CASTRO DE NEGROS AQUÍ TES UN ENLACE DE V TELEVISIÓN SOBRE ESTA LENDA:
ENSEADA DE SAN SIMÓN DENDE O CASREO DE NEGROS |
TOLLEMERENDAS |
CRUCEIRO NO CUME DO CASTRO DE NEGROS. EXEMPLO DE CRISTIANIZACIÓN DUN LUGAR RELACIONADO CON CULTOS PAGANOS DA ANTIGÜIDADE |
BAIXADA DO CASTRO DE NEGROS |
3) RUTA DOS PETROGLIFOS
PETROGLIFOS DE CHAN DA CRUZ |
OUTRO EXEMPLO DE CRISTINIZACIÓN DE LUGARES RELACIONADOS CON CULTOS PAGANS OS VECIÑOS DA ZONA CONTAN QUE POR AQUÍ PASABA A SANTA COMPAÑA |
SE QUERES COÑECER MÁIS SOBRE A SANTA COMPAÑA PREME NO SEGUINTE ENLACE, ONDE TES UN DOCUMENTAL DE V TELEVISIÓN:
VISTAS SOBRE A RÍA DE VIGO, MORRAZO E CÍES |
OUTRAS RUTAS ARQUEOLÓXICAS PRÓXIMAS A ESTA.
AS MÁMOAS DE CANDEÁN E DO MONTE VIXIADOR
Outro dos roteiros arqueolóxicos que temos en Vigo é o que se inicia en Candeán , preto da ASOCIACIÓN CULTURAL e que nos leva ata o Mte. VIXIADOR.
Tes mapa e información sobre este roteiro no blog de COÑECEMENTO DO MEDIO, pero a continuación tedes o enlace para que podades acceder a el dende esta páxina:
ROTEIRO ARQUEOLÓXICO: MÁMOAS DE CANDEÁN AO MONTE VIXIADOR
FOTOS DO SENDEIRO POLO MONTE PENIDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario