- 22 XANEIRO 2011: PRG-9 MONTE ALBA-OUTEIROS.
- LONXITUDE APROXIMADA : 12 Km
- HORARIO : SAÍDA: ÁS 10 DA mañana no colexio. CHEGADA : ás 18 horas
- PERCORRIDO :
- A GARRIDA(VALADARES), MTES. ALBA E CEPUDO, ALTO DE CANAVAL, CASTRO DE CHANDEBRITO (Nigrán), OUTEIRO GRANDE, FRAGOSELO, MUÍÑOS DE PEDRERÍAS, IGREXA ROMÁNICA DE SAN SALVADOR DE CORUXO.
- DESCRIPCIÓN DO SENDEIRO :
Mte Alba e ermida de Nosa Sra. do Alba |
Dende A Garrida ascenderemos ós cumes do Mtes Alba e Cepudo (508 m) dende onde poderemos ver vistas panorámicas da cidade de Vigo , a súa ría e o Val do Fragoso (por onde discorre o Lagares)...
No cume do Mte. Alba existe unha ermida onde se rende culto a Nosa Sra. do Alba e San Bartolomé, os cales se lles adica unha romaría.
Neste cume hai restos da antiga fortaleza medieval coñecida como Castelo do Alba que pertencia á nobre casa dos Valadares.(Podes ver o seu escudo na fachada da ermida)
Brasón da Casa dos Valadares |
A continuación tes o perfil do sendeiro coas principais COTAS (ALTURAS DOS CUMES) :
Dende alí e pasando polo Alto de Canaval, dirixirémonos ata o Castro de Chandebrito, con moitas construccións de arquitectura popular: muíños, encoros comunais, hórreos, lavadoiros, fontes...
Máis información en :
Sección dun muíño |
Pode que tamén atopemos cabalos salvaxes.No castro, subiremos ata o cume, neste aínda se poden apreciar restos do seu foxo defensivo e da nuralla.
Dende Chandebrito iremos cara ó Outeiro Grande (406 m) e dende alí iremos cara a Área de Lecer de Fragoselo onde podremos ver o petroglifo da Pedra da Moura.
Petroglifo "Pedra da Moura" |
Seguiremos logo pola Capela de San Sebastián, baixando logo cara ós Muíños de Pedreiras, moitos deles en estado ruinoso pero moi interesantes, seguindo o curso do río ata chegar á Igrexa románica de S. Salvador de Coruxo do s. XII.
Igrexa Románica S.Salvador De Coruxo (S. XII) |