viernes, 14 de enero de 2011

SENDEIRO A ILLA DE ONS




VISTA AÉREA DA ILLA DE ONS

 
 
1.HISTORIA
 
Dos primeiros tempos acháronse restos moi dispersos polo que non podemos saber se houbo asentamentos de tipo temporal.
 
Da Idade do Bronce si que conta a illa con restos de asentamentos da cultura castrexa: un deles nunha ladeira do barrio de Canexol, chamado  o CASTELO DOS MOUROS, pode apreciarse a súa distribución circular e estructuras defensivas; o outro castro coñecido como COVA DA LOBA sitúase na zona norte da illa e del só quedan restos de cerámica, lousas e abundantes cuncheiros...
 
Da época romana sabemos que os xeógrafos desta época déronlle a estas illas a denominación de AUNIOS.
 
As illas de Ons aparecen por vez primeira nun documento da Idade Media (899) cando o rei AFONSO III lle dona a illa "AONES" ao cabido compostelán.Todos os documentos que aparecen despois deste documento indican que alí existiu a igrexa de SAN MARTIÑO, pero non quedan pegadas dela.
 
Durante os ataques viquingos ou normandos na Baixa Idade Media coñeceuse a existencia dun mosteiro durante o s. XV, do que non quedan restos. Este mosteiro está relacionado a un SEPULCRO ANTROPOMORFO na Praia de Area dos Cans, coñecido polo nome de LAXE DO CREGO, visible na marea baixa.
 
 
 
 
 
 









No s. XVI a igrexa concédelle a illa en feudo á familia Montenegro. Hai referencias de que nesta época estaba habitada e de que tiña una igrexa parroquial. Pero os ataques dos CORSARIOS INGLESES a finais deste século, como FRANCIS DRAKE, e os ataques de PIRATAS TURCOS E BERBERISCOS fai que os seus habitantes fuxan á terra firme.
 
En 1810 a Xunta Provincial de Armamento e Defensa levou a cabo a fortificación (2 fortalezas: una no barrio de Pereiró e outa en Curro) da illa e maila propiedade dos Montenegro, deste xeito, fíxose máis segura e volveuse a repoboar.
Tamén nesta época se fai una división parcelaria na que o Estado lles cedía a entrega de terreos os habitantes da illa a cambio dun canon que era destinado a pagar as fortificacións. Pero una vez que se abandonan os proxectos defensivos volven a ser devoltos aos señores da illa.
 
Entre 1835-40 instálase na illa a primeira FÁBRICA DE SALGADURA, preto do peirao. Dende entón vai cambiar a vida dos insulares, xa que agora a actividade destes vai a estar máis dirixida cara a pesca para subministrar a fabrica de salgaduras. A escaseza de sardiña vai ocasionar o peche da fábrica e a volta dos pescadores á costa.
 
En 1929 Manuel Riobó mercou a illa e instalou na fabrica de salgaduras un SECADEIRO DE POLBO E CONGRO, os pescadores teñen que especializarse nestas novas especies. O seu herdeiro suicídase e o secadeiro queda abandonado.
 
En 1940 o Estado expropia a illa, facéndose cargo dela o Ministerio de Defensa coa intención de instalar nela una base de submarinos que nunca chegou a facerse.
 
Durante os anos 40-50 a illa viviu a súa meellor época, con case 500 habitantes. Os rapaces deixaban axiña a escola para iren faenar cos adultos, ata que mercaban a súa propia dorna. As rapazas, despois da escola,casaban e ocupábanse da casa, dos fillos e do campo. Cultivábase millo, centeo, patacas, hortalizas para a casa e pasteiros para o gando: vacas, bois, ovellas e cabras. Nas casas tamén había galiñas e alomenos un porco.
 
A pesca abundante en maricos e peixes, supuxo nun principio una alimentación mellor, pero máis tarde converteuse na actividade da que moitos insulares sacaban beneficio e na que se especializaron.
 
 
 
En 1965, dependendo do Instituto Nacional de Colonización realiza un informe no que reflicte as necesidades da illa como construir un novo peirao, construcción dun Centro Cívico con igrexa, escola, almacéns e vivendas de mestre e médico... O porto non se chegou a mellorar.
 
No 1979 o ICONA (Instituto para a Conservación da Natureza) estableceuse no Centro Cívico. A maaior parte da poboación fixo as súas vivendas principais na costa e decidiu manter as súas vivendas da illa como segunda residencia para o verán.
 
 
O despoboamento da illa foi paello ao auxe turístico, que acadou o seu máximo auxe nos 70.
 
No ano 2002 pasa a formar parte do P.N. MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLANTICAS.

Se queres máis información do parque nacional preme no seguinte enlace que te levará a entrada deste blog "ILLAS CÍES" :

 




No  barco de Bueu a Ons


 
 
 


 


Camiño do Faro



Dándonos un chapuzón no  areal de Melide




O faro de Ons

De volta a Bueu

No hay comentarios:

Publicar un comentario