martes, 18 de octubre de 2011

SENDEIRO DO RÍO LAGARES 2º TRAMO: DE CASTRELOS Á XUNQUEIRA 7 MARZO 2012

AS CHARCAS E HUMIDAIS:







Humidais de Goberna e Muíños e Xunqueira ou Brañal do Lagares





As charcas e humidais de augas limpas como o de Goberna-Muíños, que se forman á beira do río son o medio máis idóneo para os anfibios. É de destacar a presencia da Rá verde (Rana perezi) que se recoñece doadamente pola liña dorsal verde.




 Outra habitante destes lugares é a rela ou estroza (Hyla arborea) de pequeno tamaño, entre 3,5-4,5 cm, moitas veces o canto dos machos subidos ás polas das árbores  é o único indicio da súa presenza xa que é moi difícil de ver entre a vexetación.


RELA OU ESTROZA (Hyla arborea) RA DE SAN ANTÓN
Outros anfibios son os sapos entre os que máis abundan están o sapo común (Bufo bufo), o sapo pinto (Discoglossus galganoi) que é semellante a unha rá polas súas patas longas e a pel lisa, este último é un dos poucos sapos capaces de vivir en augas salgadas e contaminadas.






No enlace que tes a continuación tes moita máis información da fauna e vexetación que podes atopar neste tipo de ecosistemas :


Tamén podemos observar nestas augas pouco profundas aos Limpafontes :
O limpafontes común (Lissotriton boscai) e o limpafontes verde (Triturus marmoratus). Durante a época de celo, os machos, presentan crestas e cores moy chamativas para atraer ás femias.

















A VEXETACIÓN DE CHARCAS

CARRIZO, CANA ( Arundo donax)




ESPADANAS (Typha angustifolia





TREMEDEIRAS, BRIZA, BÁGOAS (Briza maxima)




LENTELLA DE AUGA Lemna minor)





LIRIO DE AUGA, ESPADANA AMARELA (Iris pseudacorus)





A XUNQUEIRA DO LAGARES

A xunqueira é unha MARISMA, é dicir, un ECOSISTEMA que se sitúa nunha depresión (zona máis baixa que o nivel do mar) orixinada polo propio río Lagares na zona da súa desembocadura (Foz do Lagares) A este tipo de ecosistemas se lles denomina humidais. Conta cunha  riqueza enorme en canto á biodiversidade, sobre todo aves. Nesta zona e debido ás mareas, mestúranse auga doce e auga salgada.
 A variedade vexetal é tamén enorme : podemos observar que nas zonas máis afectadas polas mareas abundan plantas HALOFILAS (amigas do sal), a medida que nos afastemos da zona de mareas veremos que aparecen outras plantas que aturan en menor grado a salinidade.
Moitas das plantas adáptanse a este alto contido en sal, como, por exemplo a Salicornia, que o fai de dous xeitos : 1) Reducindo o tamaño das follas, que pasan a ser pequenas escamas, así impide a evaporación, e 2) Mediante a SUCULENCIA : producindo talos carnosos e grosos que permiten a retención de auga.





SALICORNIA (SUCULENCIAS)


 O xunco mariño, é outra das plantas abundantes nesta zona, de aí lle ven o seu nome á xunqueira

XUNQUEIRA


VEXETACIÓN

AMENEIRO OU AMIEIRO (Alnus glutinosa)











AS SALINAS


En Vigo cóñécense salinas dende  Á EPOCA ROMANA, estes empregaban o sal para salgar o peixe e facer diferentes salsas, como o famoso "garum" na época dos romanos.

RECONSTRUCCIÓN DUNHA SALINA


 En Vigo temos un  museo que garda restos dalgunha destas salinas romanas, este museo chámase Salinae, e atópase no centro da nosa cidade.


SALINAS


 Hai restos doutras salinas romanas máis pequenas en moitos outros lugares da nosa ría, como por exemplo na Vila romana de Toralla, que tamén podedes visitar, aínda que son máis pequenos.



 É moi interesante a paxina deste museo  SALINAE  da que vos deixo este enlace; nel hai videos e unidades didácticas coas que poderás coñecer un pouco máis a importancia que o sal xa tiña nesta época dos romanos na nosa cidade :

 As salinas do Lagares xa existían polo menos dende 1225 como propiedade do mosteiro de San Salvador de Coruxo, xa que estes monxes coñecían as propiedades do sal para conservar os alimentos, sobre todo o peixe.
Os restos que se poden ver agora son do século XVIII. Coa chegada dos fomentadores cataláns a mediados do século XVII vai ser cando esta industria do salazón reciba un forte pulo, pois era empregada por estes empresarios para salgar, sobre todo a sardiña que logo era enviada ao resto do país.
Máis tarde pasarían a ser propiedade do Marqués de Valadares, quen entre os 1700-1701 amplía as salinas mercándolle terras a algúns veciños.
En 1710, podemos saber por documentos existentes da época, os traballadores que había nas salinas :
"8 traballadores para amarlotar ou amarfañar o sal", é dicir para prensar manualmente o sal.
32 carreteiros que eran os encargados de transportar o sal cara aos alfolíes (almacéns ou depósitos de sal). Este sal era enviada logo cara a Ourense ou empregada no salazón na propia costa. Só existían outras salinas na Ría de Vigo, as salinas de Ulló, en Vilaboa que eran explotadas polos xesuitas.
Os enormes gastos que esixían as reparacións das salinas polos danos ocasionados nas épocas de temporais e asulagamentos no inverno fai que o Marqués de Valadares abandone as salinas por non resultarlle rendables.
Pero, sabemos por documentos da época, que se seguiu extraendo sal ata despois de 1810.
Hoxe só quedan delas restos dos muros como únicas testemuña da importancia do sal no século XVII.

A XUNQUEIRA COMO OBSEVATORIO DE AVES

Antes de nada,á hora de observar aves, como calquera outro animal, debemos de ter moita paciencia. Nunca debemos de molestar aos animais. Se observamos un niño non debemos tocar os ovos xa que este feito pode ser causa de abandono do niño. Por suposto non debemos matalas. Moitas das especies de aves están protexidas pola lei.

Nalgunhas ocasións poderemos recoñecelas a simple vista, pero noutras será preciso que levemos uns prismáticos , un caderno de campo para tomar notas ( data, lugar,...) e facer debuxos detallados... Unha boa guía de aves será tamén de gran axuda.

A cidade de Vigo, a nosa ría e os montes e terras que a rodean son lugares moi propicios para observación. Hai aves que pasan aquí toda a súa vida: SEDENTARIAS; outras que pasan aquí só o verán: VERANEANTES OU ESTIVAIS (migratorias); outras que pasan o inverno : INVERNANTES.

Na ría temos algúns espacios que están protexidos (Parque Nacional das Illas Atlanticas ) e outros que son Lugares de Interés Comunitario (LIC) ou ZEPA (Zonas de Especial Protección de Aves)...

O primeiro que debemos observar é o seu tamaño para facelo imos comparalas con ESPECIES DE REFERENCIA que serán aquelas que coñecemos ben, por exemplo : Pardal, Pomba, Gaivota, aínda que poden ser outras que coñezas.

Se o paxaro é pequeno debemos fixarnos na forma que ten o seu peteiro. Se o peteiro é fino, polo xeral son aves INSECTÍVORAS; os de peteiro groso soen ser aves GRANÍVORAS.

Debemos anotar a súa COLORACIÓN , se é totalmente negra, se ten manchas que destaquen,...

A forma de voar ou de andar que ten, e todo canto nos chame a atención.

As veces pode que non as vexamos, pero podemos recoñecelas polo seu canto.  É importante saber escoitar cando estamos na natureza.






PONTELLA SOBRE O LAGARES



ALAVANCO FEMIA COAS CRÍAS

Coas ilustracións que tes a continuación podes ir familiarizándote e aprendendo os nomes das aves máis comúns que podes ver nos nosos humidais.


AVES ESTIVAIS : PASAN AQUÍ O VERÁN



AVES INVERNAIS : PASAN AQUÍ O INVERNO



AVES SEDENTARIAS : VIVEN AQUÍ TODO O ANO



GARZA REAL EN VO (Ardea cinerea)



ALAVANCOS REAIS (macho atrás, femia diante)
(Anas platyrinchos)



AVOCETA



CARRIZO (Troglodites troglodites)
COTORRA ( Myopsita monachus)
ESPECIE FORÁNEA MOI ABONDOSA EN VIGO



CULLEREIRO . Fíxate na forma do seu peteiro.



GAIO AZUL ( Garrulus glandarius)



GAIO AZUL CUNHA LANDRA NO PETEIRO.



GARCETA (Eggreta garceta)




GALIÑA DE RÍO



GARZA REAL



LAVANDEIRA (Motacilla alba)



LARUS FUCUS



LAVANDEIRA (Motacilla cinerea)





















PAPORRUBIO



FERREIRIÑO (PARUS ALTER)



 FERREIRIÑOS (PARUS CAERULEUS)



FERREIRIÑO (PARUS MAYOR)



PETO REAL



CORVO MARIÑO (PHALACROCORAX ARISTOTELIS)



PEGA (Pica  pica)



POMBO (pomba torcaz)



MERLO (TURDUS MERULA)



BUBELA (UPUPA EPOPS)



CORVO MARIÑO SECANDO AS ÁS

FOTOS DO SENDEIRO :



FACÉNDOLLE FOTOS ÁS CRÍAS DE LAVANCO REAL



















OBSERVANDO OS RESTOS DUN ANTIGO MUÍÑO
























DESCANSANDO E REPOÑENDO FORZAS
























No hay comentarios:

Publicar un comentario