NAS LIGAZÓNS QUE TES A CONTINUACIÓN TES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O NOSO PLANETA:
Lembra que como xa comentei nas páxinas de orientación deste blog: "A LÚA MINTE".
Cando a lúa ten forma de "C" fainos pensar que está en CUARTO CRECENTE, pero non; a lúa minte, e polo tanto está en CUARTO MINGUANTE.
Cando ten forma de "D" pode facernos pensar en decrecente ou minguante, pero tampouco é así; a lúa volve a mentir porque realmente está en CUARTO CRECENTE.
Se de noite queremos orientarnos, e se temos a sorte de ver a lúa nunha destas posicións recorda que cando a lúa está en CRECENTE os seus "cornos" sinalan o LESTE.
LÚA CRECENTE, OS "CORNOS" SINALAN O LESTE |
Se, polo contrario, a lúa está en MINGUANTE os seus "cornos" sinalan o OESTE.
LÚA EN C. MINGUANTE, OS SEUS CORNOS SINALAN O OESTE |
No hay comentarios:
Publicar un comentario