RUTA LITORAL DE MOAÑA A CANGAS
4 MAIO 2019
SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019
Este sábado comezamos a nosa andaina no lavadoiro do río da Ponte, na praia de Meira.
O concello de Moaña está formado polas parroquias de Domaio, Meira, Moaña e Tirán
Dende Meira puidemos contemplar a nosa cidade e os principais montes que a rodean :
O Vixiador,Galiñeiro, Cepudo e Alba, Mtes. de Coruxo...
Dende Meira vimos as CANTEIRAS do Cocho, que entre outras (O Latón, Borna...) abasteceron a Vigo e a Bouzas da pedra coa que construiron os peiraos.
Na antiga illa de Samertolameu, hoxe convertida en península vimos o clube de Remo de traiñeiras e a capela de Samertolameu.
Tamén visitamos un museo ao aire libre chamado "AS CARREIRAS", onde as mulleres elaboraban fios e cordas que logo empregaban para elaborar cabos e redes...
CAPELA DE SAMERTOLAMEU
Toda a vila de Moaña está chea de monumentos e recordos da súa actividade mariñeira coma os faros, as ferramentas dos carpinteiros de ribeira...
Tivemos a oportunidade de observar a construcción dunha batea.
Logo pasamos pola praia da Xunqueira
Alí estivemos vendo os diferentes moluscos que recollen as mariscadoras e mariscadores de Moaña , unhas veces a pé e outras en barco:
Ameixas finas, rubia, babosa, navallas, longueiróns e tamén croques...
Aprendemos que estas son as pegadas que deixan os cágulos (vermes arenícolas).
E atopamos un cangrexo queimacasas ...
CANGREXO QUEIMACASAS
Soubemos que na Idade Media en Meira existía unha Torre que foi atacada polos Irmandiños e logo foi totalmente derrubada por Pedro Madruga.
Vimos a desembocadura do río da Fraga ou dos Ladróns
A carpintería de ribeira de Casqueiro é unha das poucas que se conservan na nosa ría xunto coa de Domaio, Purro en Bueu e Lagos en Vigo, preto do colexio...
Sorprendeu a algúns o xogo da chave que non coñecían
E outra vez as estatuas relacionadas co mar: mariñeiros, chocos, naufraxios.....
E chegamos a máis espectacular: "O FISGÓN" pois ten unha fisga na man, arte de pesca moi empregada polos mariñeiros de Moaña.
Pasamos a outra das parroquias de Moaña: a de Tirán. Alí aprendimos que tiña casa en "O Real" un dos ilustres mariños que naceu en Vigo, na praza da Constitución :
Casto Méndez Núñez, contemplamos, non sen mágoa, o deterioro do que fora o seu fogar e onde estivo enterrado algún tempo...
Aprendemos unha frase que fixo famosa:
"Máis vale honra sen barcos que barcos sen honra"
PAZO DE O REAL DA FAMILIA DE CASTO MÉNDEZ NÚÑEZ |
· Capela, pombal e ciprés pazo é"
CAPELA DE O REAL
Vimos tamén a evolución, co paso do tempo, das formas de conservación do peixe:
1.SALGADURAS
2.AS CONSERVAS
3.O CONXELADO
En Tirán hai outro dos clubes de traiñeiras de Moaña
Escultura da balea
CASAS MARIÑEIRAS QUE ELABORABAN SALGADURAS DE PEIXE |
PRAIA DE O CON |
Xa no areal da Ribeira do Río puidemos entrar na Furna da Lontra onde disque habita unha lontra xigante e onde ás veces poden observarse unhas estrañas luces...
E chegamos á igrexa románica de San Xoán de Tirán
PANTEÓN DA FAMILIA DO ESCRITOR CASTROVIEJO |
PEDRA BOROA |
Fixemos un bonito percorrido polas praias de Tirán : Videira, Niño do Corvo...
LAVADOIRO TRADICIONAL |
Xa estamos a piques de deixar o concello de Moaña e entrar no Concello de Cangas
PRAIA DE CANABAL |
E xa, na praia de Canabal, tomamos un refrescante baño,un merecido descanso e, por suposto, repoñemos as nosas forzas....
ROCHAS VAUGNERITAS |
A ILLA DOS RATOS FRONTE Á PRAIA DE CANABAL |
Recuperadas as forzas, nos queda o final do noso sendeiro...
Non sen antes aproveitar a ocasión para aprender as diferenzas entre unha chalana e unha gamela
CHALANA |
GAMELA |
Seguimos aprendendo cousas relacionadas co ecosistema mariño:
petacas de raia, vieira, zamburiña...
PETACA DUNHA RAIA |
ZAMBURIÑA |
ENTRANDO NA PRAIA DE RODEIRA |
En Cangas tamén se respira a vida mariñeira, restos de fábricas conserveiras, frigoríficos,traiñeiras....
E chegamos á "catedral" das fábricas conserveiras: Massó e máis adiante a Baleeira....
A lagoa artificial da Congorza serviu noutros tempos para abastecer de auga ás factorías de Massó e hoxe converteuse nun bonito ecosistema lacustre...
PRAIA DE AREAMILLA |
E atravesamos o túnel de Areamilla, con algún que outro berro...
Xa estamos case no final, pero antes fixemos unha parada nos "buracos do inferno" das furnas de Santa Marta
Por fin, esgotad@s chegamos ao noso obxectivo : o areal de Liméns
Pero antes de despedirnos témoslle que dar as grazas a Bea pola súa axuda e máis pola súa reportaxe fotogáfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario