SENDEIRO A PASAXE- OIA
SEGUINDO O CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS POLA COSTA
SÁBADO 22 SETEMBRO 2018
20 Km
VÍDEO DE WIKILOC COA RUTA
Comezámos o curso tamén na actividadede sendeirismo cun percorrido polo BAIXO MIÑO:
Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia son os concellos desta bisbarra
BISBARRA DE O BAIXO MIÑO |
A nosa andaina comezou en A Pasaxe na parroquia de Camposancos, ás beiras do Miño, na RAIA HÚMIDA, é dicir, na fronteira natural con Portugal e fronte a Caminha
Comezamos a andaina preto do Colexio dos Xesuitas, que durante a GUERRA CIVIL foi un Campo de Concentración
Atravesamos Camposancos, co Monte Santa Trega sempre ao fondo, onde estivemos o ano pasado.
Nas vellas rúas de Camposancos atopamos entre outras cousas este fermoso CRUCEIRO
E adentrámonos por vellas CORREDOIRAS cubertas por unha mesta fraga...
Vellas fontes...
Chegamos a A GUARDA , onde vimos unha estatua dun GUERREIRO CASTREXO, na entrada á subida ao Trega...
Tamé puidemos ver algunhas CASAS DE INDIANOS (EMIGRANTES)...
O CASTELO DE SANTA CRUZ (A GUARDA)
Alí, visitamos o Castelo de Santa Cruz, vestixio das Guerras de Restauración con Portugal....
POMBAL |
Baixando do Castelo, adentrámonos no Casco Vello de A Guarda
TORRE DO RELOXO |
RESTOS DA ANTIGAS MURALLAS DE A GUARDA |
e aprendemos que o escudo de A GUARDA ten unha galera debido á participación dos seus mariñeiros na conquista de SEVILLA durante A Reconquista...
IGREXA DE SANTA MARÍA |
Saíndo de A Guarda pasamos polas praias de fedorento e Area Grande....
e visitamos a CEETÁREA DE A REDONDA, ONDE CRIABAN O MARISCO(lagostas, lubrigante, centolas, nécoras...) os mariñeiros de A Guarda...
CAMIÑANDO CO MONTE TORROSO AO FONDO |
LAVADOIRO TRADICIONAL "O FACEBOOK" DOUTRAS ÉPOCAS.... |
APRENDEMOS QUE OS MARIÑOS COMÍAN FIUNCHO MARIÑO PARA EVITAR CONTRAER O ESCORBUTO POR FALTA DE VITAMINA C.... |
FIUNCHO OU PIRIXEL MARIÑO |
PRAIAS DE FEDORENTO E AREA GRANDE |
O SALGUEIRO : A ÁRBORE DAS "ASPIRINAS" |
AS RODEIRAS DOS ANTIGOS CARROS DO PAÍS... |
OBSERVACIÓN DE LIQUES |
O MONTE SANTA TREGA ENTRE A BRÉTEMA... |
E APRENDEMOS A ORIENTARNOS EMPREGANDO MAPA E COMPÁS... |
E CAMIÑAMOS.................QUILÓMETROS E MÁIS QUILÓMETROS.............
PRAIA DE COÍDOS
E AO CHEGAR A OIA ATOPAMOS UNHA BARBANTESA NA PAREDE DUNHA CASA |
E POR FIN ...CHEGAMOS A OIA , LOGO DE ANDAR 20 KM
MOSTEIRO DE OIA : O MOSTEIRO DOS MONXES ARTILLEIROS.....
E , GRACIAS BEA, POLA TÚA PACIENCIA E POLAS TÚA REPORTAXE FOTOGRÁFICA...
CAMBOA:MURO DE PEDRAS QUE OS MONXES PECHABAN CUNHA COMPORTA DESPOIS DA MAREA ALTA PARA RECOLLER OS PEIXES E MARISCOS.... |
A CAMBOA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario