Trátase dunha ruta liñal duns 10 km situada nos concellos de Ribadumia e Meis, no interior da bisbarra do Salnés, entre as rías de Pontevedra e Arousa. Era unha antiga senda de peregrinaxe, na que atoparemos fervenzas, muíños, árbores autóctonas e paraxes naturais moi interesantes...
Seguiremos a andaina camiñando paralelos ao río Armenteira (afluente do río Umia), que une o mosteiro cisterciense de Armenteira, do s.XII con Barrantes.
|
MOSTEIRO DE ARMENTEIRA |
O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA
ACTIVIDADE 1 : (
4 PUNTOS)
NO ENLACE QUE TES A CONTINUACIÓN BUSCA A CANTIGA Nº 103 DE AFONSO X O SABIO E TRATA DE EXPLICAR:
A) QUE É O QUE SE VE NO RELEVO DA PORTA (NA ILUSTRACIÓN ANTERIOR)
B) RESUME A HISTRORIA QUE SE CONTA NA CANTIGA.
ENVÍA A TÚA RESPOSTA POR CCORREO ELECTRÓNICO
CANTIGAS DE AFONSO X O SABIO
|
PORTA DE ENTRADA AO MOSTEIRO |
|
ROSETÓN E PORTADA DA IGREXA DO MOSTEIRO |
|
CLAUSTRO PROCESIONAL CON BÓVEDAS ESTRELADAS |
|
XARDÍN DO CLAUSTRO |
A ruta trata de poñer en valor a paisaxe e os eleementos etnográficos e poderemos contemplas ata 70 muíños, algúns deles rehabilitados e en funcionamento, como o muíño de Chantada que foi habilitado como
Centro de interpretación onde se explica as especies que compoñen o
BOSQUE DE RIBEIRA (salgueiros, ameneiros, freixos...) e a fauna que podemos atopas ás beiras do río. Neste Centro de interpretación, mesmo podremos ver demostracións sobre a moenda.
Seguindo o curso do río Armenteira ata Meis poderemos achegarnos aos Muíños de Xerén, un fermoso espazo rehabilitado cun espazo de lecer nas abas do Monte do Boi. De seguido atoparémonos coa
ALDEA LABREGA DE PEDRA : unha representación feita en granito pola
ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA sobre a VIDA RURAL GALEGA de principios do século XX, con todos os elementos tradicionais: igrexa, hórreo, forno, cruceiros, campesiños, animais domésticos ...
A ruta rematará na rotonda dos Castiñeiros en Barrantes.
O clima húmido e de temperaturas suaves é o que transforma esta bisbarra nun "invernadoiro natural" , graza a este clima o val é o que é: un lugar único dentro de Galicia e de onde saen productos únicos. En Ribadumia celébrase a Festa do viño tinto de O Salnés, o 1º sábado do mes de xuño, na que se reune un comité de catadores que premia ao mellor viño do certame. Seguro que se te fixas un pouco verás a cantidade de viñedos que hai. A uva é o principal cultivo desta bisbarra, tanto para obter viño branco (albariño) como tinto(Barrantes); estes viños teñen a Denominación de Orixe Rías Baixas, a mesma que tiñan os de O Rosal.
E, como di o refrán:
"Ou crecentes ou debalantes, as mareas con viño de Barrantes"
O ANTIGO ASERRADOIRO
Ao longo deste sendeiro veremos os restos dun antigo
ASERRADOIRO que empregaba a forza da auga, como os muíños hidráulicos e batáns, etc, para mover a serra.
Aínda que o que temos ante nós , na actualidade, é un muíño, no pasado o que había neste mesmo lugar era un ASERRADOIRO e con anterioridade a el, unha
SERRA HIDRÁULICA.
Aínda que outros
ENXEÑOS HIDRÁULICOS, como
MUÍÑOS E BATÁNS, son coñecidos dende moito antes, o emprego da
ENERXÍA HIDRÁULICA en SERRERÍAS ou ASERRADOIROS, non se produce ata ben entrada a Idade Media.
A serra máis antiga estaba composta pola
RODA ou NORA encaixada directamente nun rebaixe da rocha localizada no mesmo río. Esta, a través dun sistema de
BIELA-MANIVELA, emprazado nun dos extremos do
EIXO ou ÁRBORE, convertía o xiro da roda nun movemento rectilíneo alternativo que facía posible o movemento da SERRA, a través dun sinxelo sistema de
POLEAS E RODAS.
Todos estes elementos estaban baixo unha edificación non moi diferente á dos muíños.
Coa evolución tecnolóxica e quizais tamén debido ao baixo rendemento da serra antiga, sobre os restos desta ergueuse un ASERRADOIRO máis moderno que funcionaba cun motor de gasóleo, a súa estructura é a mellor conservada, xa que en parte estaba construída en formigón.
Posteriormente, este aserradoiro arruinouse e pechou e parte da súa estructura aproveitouse para edificar un moderno muíño de estilo tradicional.
O APROVEITAMENTO DA AUGA (Este enlace diríxete a unha entrada deste mesmo blog, onde te podes informar sobre o emprego deste recurso)
|
HERBA DE OURO (RANÚNCULO) |
|
PÍNTEGA RABILONGA (Chioglosa lusitánica) de característicos ollos saltóns. É UN ENDEMISMO DE ASTURIAS, GALICIA E NORTE DE PORTUGAL |
|
COROCHA OU BÚGULA (Ajuga reptans) |
|
HERBA DOS PITOS (Alquilegia vulgaris) |
|
PRADO CON PAMPILLO (Coleostepus myconis) |
|
FENTOS OU FIEITOS AGROMANDO |
|
LIMPAFONTES COMÚN (TRITURUS BOSCAI) |
|
LAVADOIRO |
|
POLDRAS OU PASOS |
|
POLDRAS OU PASOS |
A ALDEA LABREGA EN PEDRA
|
MULLER CON COROZA |
|
APAÑANDO HERBA |
|
CARRO DO PAÍS |
|
FORNO |
|
POZO E SELLA |
|
HÓRREO, CANASTRO OU PALLEIRO |
|
PORCA E BACORIÑOS |
|
LAVADOIRO |
|
CRUCEIRO |
|
FONTE |
|
RAPAZ XOGANDO ÁS BOLAS |
|
ERMIDA |
|
NENO CON TIRABOLAS |
|
PONTELLA |
DATOS DO PERCORRIDO:
DISTANCIA : 14 Km
VELOCIDADE MEDIA : 4Km/h
TEMPO EN MOVEMENTO: 3horas 30 min.
TEMPO DETENIDOS: 3 Horas
FOTOS DA EXCURSIÓN (4 MAIO 2013)
|
LIBELIÑA DE ANEIS DE OURO OU LIBELIÑA TIGRE |
|
CORDULEGASTER BOLTONII COA SÚA NINFA |
|
BRIÓNS (TORTULA MURALIS) |
|
FENTA (BLECHNUM SPICANT) |
|
FENTO DAS BOTICAS (ASPLENIUM TRICHOMANES) |
|
LESMA COMÚN ( ARION ATER) |
|
BRIÓFITOS (TORTULA MURALIS) |
|
VIOLETA (VIOLA PALUSTRIS) |
|
GABRIEL E ELIAS FACENDO MALABARISMOS ... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario