martes, 23 de octubre de 2012

SENDEIRO DOS MUÍÑOS DE COUSO, ALTO DE SAN CIBRÁN, FARO BUDIÑO E PENEDO DE CANS


SÁBADO. 1 DECEMBRO 2012



 
 
 
 




Esta vez imos iniciar o noso sendeiro moi preto do ALTO DO CONFURCO, onde empezaremos unha forte subida polo regato de Couso seguindo unhas escaleiras e rampas de madeira dende onde poderemos contemplar a fevenza da GALOMEIRA e un pouco máis adiante un grupo de muíños restaurados e mesmo un de tipo ACEA con roda de madeira exterior.


 



Se queres máis información sobre os tipos de muíños, as súas partes, etc. podes ver a páxina do sendeiro do Río da Fraga de Moaña.
Máis adiante pasaremos pola aldea de Couso onde poderedes facervos unha boa idea de como é a vida rural, iremos pasando entre leiras, prados, viñas, milleirais... e poderemos contemplar bos exemplos de arquitectura popular: casas, cruceiro, hórreos, alpendres, cortes,...
Seguiremos o noso camiño polo monte comunal de Couso entre piñeirais ata chagar ao ALTO DE SAN CIBRÁN (430 m).
Logo descenderemos cara a A PICOÑA, pasaremos polo nacemento do río Caselas e enlazaremos co SENDEIRO DAS GREAS (G.R. 58) e dende alí dirixirémonos ata o ALTO DE FARO BUDIÑO (398 m) dende onde poderemos ollar o Val do Louro (Louriña), PORRIÑO, A SERRA DO GALIÑEIRO , etc.










NACEMENTO DO RÍO CASELAS




O último tramo deste percorrido levaranos ata o PENEDO OU CASTELO DE CANS (358 m), onde noutros tempos houbo un castelo e que hoxe se coñéce popularmente como a Rocha do Pianista.
Por último baixaremos de novo polos muíños de Couso onde deu comezo a nosa andaina.
OS MUÍÑOS DE COUSO
O río Couso descende encaixado por un estreito val cun pronunciado desnivel o que fai que a forza da auga fose aproveitada durante anos para mover os rodicios dos muíños, algún dos cales teñen máis de 200 anos.

 
 
 
 
 
O máis espectacular e o chamado  A MOLINERA QUE É UN MUÍÑO TIPO ACEA, onde pode apreciarse a gran RODA VERTICAL de madeira.
 
 
 
 
 
 
 
 
Seguindo o sendeiro pasaremos pola POZA DO MUÍÑO. un pequeno encoro de pedra que era empregado para almacenar auga e distribuila polas LEVADAS cara aos diferentes muíños.


 
LEVADA E COMPORTA PARA DISTRIBUIR A AUGA
 
 
 
 
ENCORO
 
 
 
A HISTORIA DOS MUÍÑOS DE COUSO
A Asociación Cultural e a Comunidade de Montes en Man Común de Couso  fixeron posible a restauración destes muíños , así como a recuperación de certos traballos tradicionais como  A MALLA COMUNAL.

 
POUSADOIRO NUN MUÍÑO


 
Os muíños que teñen máis de 200 anos de antigüidade, na maior parte dos casos, foron caendo en desuso a partir dos anos 60 do pasado século por mor da aparición dos muíños eléctricos.


 
A ANTIGA ESCOLA DE COUSO
 
 
 
 
A historia educativa e pedagóxica desta zona de Couso avanzou grazas, en grande medida, aos galegos que emigraron a América (Arxentina, Cuba, Brasil, Uruguai, Perú,...).
As xentes que, entre 1860 e 1930, deixaron a súa terra para buscar un futuro mellor organizáronse en sociedades e grupos co fin de enviar recursos económicos (cartos) aos seus lugares de nacemento.
O barrio de Couso contaba coa sociedade "La Alborada.Unión-Progreso de Couso.Sociedade de Fomento" creada en Bos Aires en 1932.
Os proxectos de cada sociedade americana desenvovíanse coa colaboración das delegacións parroquiais. Cos cartos chegados de ultramar contruíanse os edificios, mercábase o material e pagábase ao profesorado.
As escolas tiñan unha dobre función, pois non só servían de lugar de formación do alumnado, senón que toda a zona víase enriquecida culturalmente grazas ás bibliotecas, museos, obradoiros xurdidos ao abeiro destes centros.
O espíritu da Escola Nova Americana encheu estes lugares de coñecemento onde se impartía unha educación que impulsaba os aspectos físicos, morais e, a miúdo, laicos e neutrais dende a perspectiva relixiosa.
O edificio que se atopa nesta praza de couso é a ESCOLA NOVA. Sobre o antigo emprazamento construiuse un novo edificio financiado por D. Feliciano Barrera. Esta escola foi inaugurada en 1960.
En 1998 foi cedida polo Concello de Ponteareas para a sé da Casa Cultural de Couso.
O CRUCEIRO
A construcción do cruceiro de Couso coincide coa das escolas públicas, o máis salientable del é a reutilización dun capitel de orixe tardorromano como basa, que segundo parece pertencía á unha ermida próxima adicada a San Martiño.
Ten unha plataforma que está practicamente soterrada e unha cruz moi alta que na súa orixe tiña un Cristo e unha Virxe de ferro forxados, hoxe desaparecidos.
ARQUITECTURA POPULAR DE COUSO


 
 
 
 
 
 
 
OS CANASTROS OU HÓRREOS

Son construccións tipicamente rurais que serven como almacén de cereais, patacas e outros alimentos. Érguense sobre pés de pedra con tornarratos. Así manteñen os alimentos secos e fóra do alcance dos animais. Os laterais péchanse con madeira de xeito que o interior quede ben ventilado. O tellado a dúas augas está cuberto de tella.

 
 
 
 
 
 
 
 
Xunto cos canastros e muíños, Couso aínda conseva outros bos exemplos de arquitectura popular: podemos ver casas feitas en CACHOTERÍA DE GRANITO e peches de madeira na parte de almacén e CORTES.


 
 
 
 
 
 
 
 
As pedras que se ven sobre os tellados son para evitar que o vento se leve as tellas.
As cortes sitúabanse na parte inferior das vivendas xa que no inverno as bestas eran unha boa fonte de calor, como o chan da parte superior era de madeira o aire quente que procedía das cortes quentaba o espazo habitable.


 
 
 
 
A MALLA
A malla foi durante moito tempo un labor comunitario. A súa finalidade era separar o gran da palla para almacenalos por separado. Tendo así alimento para o gando (a palla) e gran para facer pan durante todo o longo inverno.
Este labor era unha ocasión de xuntanza, axudándose uns aos otros en todas as EIRAS que se precisaba.


 
 
 
 
 
Levábase a cabo no mes de agosto despois da sega. Comezábase ben cedo pola mañá, espallando na eira as espigas ao sol na eira para que secasen ben, despois procedíase á malla propiamente dita que consistía en golpealas con paos (mallos) para separar o gran. Todo o mundo participaba nenos e nenas dábanlle auga aos maiores.


 
 
 
 
 
O ALTO DE SAN CIBRÁN (430 m)
Atópase entre o límite dos concellos de Ponteareas (Guláns) e Salceda de Caselas (A Picoña).
No cume deste alto hai unha capela adicada a San Cibrán , onde se celebra unha romaría o 16 de setembo á que acode moita xente de diferentes parroquias. Foi construída no s. XVIII, é dunha soa nave e cuberta a dúas augas, feita con CACHOTERÍA DE GRANITO, cun arco na portada e espadana .


 
 
 
 
A capela está rodeada de enormes BOLOS GRANÍTICOS nunha chaira que está limitada polos restos da antiga muralla dun CASTRO.
Hai tamén un cruceiro do 1900 sobre unha rocha no  punto máis alto.
Dende este alto temos unhas boas vistas do Val do Tea.
Toda a área recreativa atópase no que era o interior do  Castro. a muralla do castro está feita en MAMPOSTERÍA E PEDRAS FINCADAS. A súa situación é privilexiada  pois a vista de todas as terras do seu arredor axudaba á súa defensa.








 
OS PENEDOS DE SAN CIBRÁN
Na paisaxe dos montes situados entre os límites municipais de Salceda de Caselas, O Porriño e Ponteareas destacan as enormes formas esféricas dos BOLOS GRANÍTICOS que lle dan nome a zona : penedos  de San Cibrán.
A superficie galega está constituída en case un 50% por AFLORAMENTOS GRANÍTICOS, variando segundo a zona o tipo de granito en función da súa antigüidade e composición.
Nesta zona son abondosas as GRANODIORITAS tardías, caracterizadas pola súa forma esférica e pola abundancia de MICA BIOTITA, sendo rara a MICA MOSCOVITA.





 
 
 
 
Sobre estes bolos viven os LIQUES (asociación dun fungo e un alga) que empregan a rocha como substrato e que van disgregándoa paseniñamente e constituíndo o primeiro paso para formar o solo onde máis tarde se asentarán outras especies vexetais.






 
 
 
FARO BUDIÑO (398 m )
Esta mole granítica é un dos monumentos naturais máis recoñecibles do sur da nosa provincia, pertence á parroquia de San Salvador de Budiño e é un lugar de práctica de escalada.





 
 
 
 
As súas paredes están formadas por un granito que prsenta grandes cristais nas placas  e que na zona coñécense polo nome de "PITONS".




COVA DOS NENOS

Está situado nunha das bandas da Depresión Meridiana .
Hai restos de ocupación humana de case todos os períodos da historia, aquí atopáronse restos de tegula (tella romana ) e de cerámica,...
Unha pasarela de madeira nos leva ata o ALTO DAS CROAS, cume do antigo Castro, onde quedan restos da súa muralla e dos aterrazamentos que fixeran os seus antigos habitantes.



ALTO DAS CROAS, ANTIGO CASTRO



 
Os obreiros que construíron a escaleira empregaron parte das pedras da muralla do castro para adornar as escaleiras...
A muralla moitas veces utilizaban os propios penedos que lles ofrecía a natureza.

 
A COVA DOS NENOS
Situada antes de comezar a subida ao ALTO DAS CROAS, é unha cova granítica traballada artificialmente: o seu interior foi agrandado para poder estar de pé e nos laterais da cova, nas paredes hai unha seríe de FORNELAS, hai tamén acanaladuras para levar a auga que se puidera filtrar.
Á súa saída hai uns escalóns tallados na rocha.
No seu interior tamén se atoparon restos de tégula e cerámica.

 
O PENEDO DE CANS (358 m)
O río Couso forma un estreito val na parroquia de Cans. Este paso natural foi empregado dende a antigüidade como paso de persoas e mercadorías entre Galicia e a Meseta.
No PENEDO OU CASTELO DE CANS había unha fortaleza medieval dende a que se divisaba ben este paso , era a FORTALEZA OU CASTELO DE MIRAVEL.




PENEDO DE CANS , "A ROCHA DO PIANISTA", ONDE HABÍA UN ANTIGO CASTELO MEDIEVAL DO QUE AÍNDA PERDURAN ALGÚNS RESTOS
 
 
 
Hai varias teorías obre a súa desaparición. Uns din que fora derrubada polos IRMANDIÑOS , como outras tantas en Galicia; outros din que foron os Reis Católicos quen a mandaran derrubar...
O castelo contaba cunha torre duns 12x12 m rodeada dun recinto amurallado ovalado que aproveitaba o contorno rochoso para o seu trazado. a torre estaía situada na súa parte máis alta xunto ao ALXIBE que aínda hoxe se pode apreciar, para recoller a auga da chuvia.




ENTRADA NATURAL AO CASTELO DE CANS
 
 
 
 
Mesmo podemos observar os REBAIXES  que foron realizados na rocha para asentar os SILLARES das murallas que medían entre 1,30 e 1,80 m de ancho.
Dende este alto podemos ollar:
-O Val do río Couso na súa unión co río Louro.
- A localización doutras fortalezas desaparecidas : a do Galiñeiro, a do Castelo de Mos e a máis próxima: a de Faro Budiño.
É probable que estes lugares como outros Faros ou Fachos da nosa toponimia foran utilizados para refuxiarse e avisarse uns aos outros en caso de perigo ou invasións con sinais luminosas (lume,..)
 AS PRIMEIRAS INDUSTRIAS DA PEDRA

En toda esta zona podemos atoparnos cun granito de gran calidade, de diferentes formas e texturas e que hoxe constitúe un dos piares da economía desta bisbarra.

Esta industria actual ten a súa orixe nunha longa tradición dos PEDREIROS E CANTEIROS , artífices dos  muros, emparrados, etc. ,  que caracterizan esta paisaxe rural do val da Louriña e das igrexas barrocas ou das construccións máis luxosas e modernas do arquitecto porriñés ANTONIO PALACIOS.

Este traballo na pedra ten antecedentes moi antigos, como por exemplo, no xacemento paleolítico das Gandaras de Budiño, onde se atoparon instrumentos desta época feitos en cuarcita.

Os primeiros elementos culturais feitos a base de granito, chegarían máis tarde co emprego das grandes laxes graníticas na construcción das MÁMOAS, PETROGLIFOS, CASTROS, CONSTRUCCIÓNS ROMANAS, IGREXAS ROMÁNICAS,HÓRREOS, CRUCEIROS...ATA OS NOSOS DÍAS.



AS EXPLOTACIÓNS DE GRANITO

As actividades tradicionais dos PEDREIROS deu paso ás explotacións industrais. As CANTEIRAS DE GRANITO dos arredores de O PORRIÑO e a súa bisbarra son unha paisaxe característica da Louriña e das zonas próximas da bisbarra do  Condado, tamén de tradición graniteira como Mondariz e Ponteareas.
O granito é extraído en explotacións a CEO ABERTO. É famoso o granito rosa de Porriño.




CANTEIRA A CEO ABERTO


O SENDEIRO DAS GREAS

Parte do percorrido que imos facer pertence ao sendeiro das Greas, greas son as mandas de cabalos que hai nos nosos montes dende a antigüidade, xa dende esa época existía unha forte relación entre estes cabalos e o home, como podemos observar en petroglifos desa época, fíxate que o símbolo deste sendeiro son dous cabalos, tirados dun petroglifo que hai nos montes de Baiona, os curros ou rapas das bestas de hoxe seguen esa mesma tradición.




PETROGLIFO DE BAIONA QUE REPRESENTA AS GREAS DE CABALOS




Neses petroglifos represéntanse greas de cabalos e mesmo xinetes ou aloitadores.




PETROGLIFO DE VENTOSELA (REDONDELA)


Os autores clásicos (Estrabón, Plinio, etc.) xa nos falan deses aquelados e lixeiros cabalos galegos, aos que se lle atribuiron antigas lendas como a de que foron orixinados en eguas preñadas polo vento do oeste, Céfiro ou Favonio, fillo de Eolo e Aurora.






FOTOS DO SENDEIRO


DATOS DO SENDEIRO

DISTANCIA PERCORRIDA: 19 Km 660m
TEMPO EN MOVEMENTO: 4h 42 min.
TEMPO DETIDOS: 2h 22 min.
VELOCIDADE MEDIA: 4,2 Km/h


MUÍÑOS DE COUSO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
MUÍÑO DE ACEA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 








 










 
 
 
 





 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O VAL DO TEA E CASTELO DE SOBROSO
 
 
 
 
1º CUME: SAN CIBRÁN
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
SENDEIRO DAS GREAS
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 





 
 
 
 
 
 


RAPOSO (VULPES VULPES)















 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AMANITA MUSCARIA
 
HORA DE XANTAR EN FARO BUDIÑO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 





 
































 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
NA COVA DOS NENOS (FARO BUDIÑO)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2º CUME: A CROA DO CASTRO DE FARO BUDIÑO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O QUE FAI O CANSAZO...
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3º CUME: O CASTELO DE CANS ,"A ROCHA DO PIANISTA"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario