jueves, 29 de marzo de 2012

PETRÓGLIFOS EXCURSIÓN 5º E.P. A CAMPOLAMEIRO

PETRÓGLIFO DE ARMAS DE AUGA DA LAXE. VINCIOS, GONDOMAR. PRETO DO GALIÑEIRO
ROCHA PANOPLIA (do grego pan : todas, opla : armas) REPRESENTACIÓN DUN CONXUNTO DE ARMAS

QUE SON OS PETRÓGLIFOS?

Os petróglifos son gravados feitos sobre as rochas. O seu nome ven de dúas palabras gregas: petro que significa pedra e gliphein que significa tallar.
Os petroglifos poden ser de época prehistórica ou poden ser de época histórica, por exemplo de época romana ou medieval e mesmo poden ser da nosa época ou dos primitivos actuais.

COMO SE GRAVAN OS PETROGLIFOS?

Para gravar os petrolifos hai que percutir de xeito repetido sobre a rocha ou laxa na que se quere gravar cun obxecto lítico (de pedra) aguzado, facendo saltar pequenas lascas que van conformando o suco.


GRAVANDO UN PETROGLIFO


RÉPLICA DUN PETRÓGLIFO E DO PERCUTOR

FASES DO GRAVADO DUN PETRÓGLIFO

1º DESEÑO: Cunha pequena lasca de seixo deliñaban de maneira visible e permanente as figuras sobre a rocha de granito.

2º PIQUETEADO: Empregando percutores máis puntiagudos e de maior peso e tamaño permitíalles abrir o suco sobre o duro soporte granítico.

3º REBAIXE E DESBASTAMENTO: Para ampliar os sucos empregábanse percutores máis pequenos e romos.

4º PUÍDO OU ABRASIÓN: Os sucos, finalmente, regularizaríanse cun sinxelo traballo de abrasión cun pequeno canto de cuarcita.

LASCAS E PERCUTORES PARA FACER OS PETRÓGLIFOS


O GRANITO : O "LENZO" DOS PETRÓGLIFOS.

A abundancia de rochas de granito fixo que estas foran o soporte para gravar os petróglifos. Os nosos antepasados da Idade do Bronce coñecían as súas propiedades, diferenciaban os tipos de granito existentes e avaliaban a súa dureza.

TERRITORIO E POBOADOS

Os antigos habitantes da Idade do Bronce levantaron os seus poboados en pequenas chairas (chans) situadas a media ladeira ou nas zonas altas das serras.
Estes poboados que buscaban a proximidade das cuncas húmidas, non eran permanentes, senón que cada certo tempo trasladábanse ocupando lugares próximos.
Estes espazos, caracterizados pola existencia de solos lixeiros e ben drenados, facilitaban a práctica dunha agricultura primitiva permitindo o acceso aos pastos frescos para o gando durante todo o ano.
En moitos casos, a presenza de petróglifos, constituía a parte máis visible desta paisaxe social.


POBOADO DA IDADE DO BRONCE






CANASTRO




TEITUME DUNHA CABANA







COMO FACÍAN O LUME?

Para facer lume na Idade do Bronce empregaban diferentes materiais. O primeiro que necesitaban era PIRITA, A Pedra do Lume" (do greo Pyr = Lume). Esta pirita era golpeada co SÍLEX (PEDERNAL) producindo  FAÍSCAS, para que estas faíscas puideran producir lume precisábase unha ESCA, que podía ser un FUNGO ESQUEIRO, A PELUSA DUNHA ESPADANA, PALLA, ETC.


ESPADADA (ENEA, Typha latifolia)

A PELUSA DA ESPADANA ERA EMPREGADA COMO ESCA E TAMÉN COMO HEMOSTÁTICA, PARA CONTER
AS HEMORRAXIAS E COMO CICATRIZANTE COCIÑÁNDOA PREVIAMENTE .                                                          


FUNGO ESQUEIRO (Fomes fomentarius)




PIRITA "A PEDRA DO LUME" GOLPEADA CO PEDERNAL OU SÍLEX PRODUCÍA AS FAÍSCAS QUE FACÍAN PRENDER AS ESCAS ( PALLAS, PELUSA DAS ESPADANAS, FUNGOS ESQUEIROS, ETC.)                                  

SÍLEX OU PEDERNAL CO QUE SE GOLPEABA A PIRITA

O lume para esta xente era moi importante con el cociñaban os alimentos, alumeaban a casa cando se poñía o sol ao mesmo tempo que os quentaba, arredor del trasmitíanse os coñecementos, contábanse contos e historias, servía para fabricar ferramentas, cocer a cerámica, etc.

Nos enlaces que tes a continuación tes dous métodos que empregaban para producir o lume:













ANIMAIS PARA VESTIR E XANTAR

A xente da Idade do Bronce dominaba o traballo da pel. Unha vez que era esfolado o animal, obtiñan unha pel suave e manexable usando raspadeiras. Despois de secada a pel comezaba un novo  raspado con graxa e mineral moído. Finalmente esburacábase con perforadores ou punzóns para introducir a agulla enfiada con fibras vexetais ou animais.



A carne era un compoñente básico da súa dieta : ovellas, cabras, vacas e porcos brindábanlle reservas para todo o ano. Estas complementábanse coa caza de cervos, corzos, xabarís, coellos e perdices, sen esquecer o consumo de peixes e mariscos.

A CESTEIRÍA "CONTEDORES ORGÁNICOS"

Na Idade do Bronce dedicábase moito tempo a fabricar recipientes e utensilios con fibras vexetais: pallas dos cereais, vimbios, polas de abeleira, salgueiros, xestas ou silvas. Seguramente as formas e tamaños eran moi variados: pequenos cestos, grandes colectores con ou sen asas, tapadeiras e peches,etc.




Ademais de servir para transportar e recolleitar (leña, landras, setas, bagas, etc.) permitían almacenar os excedentes agrícolas, tanto procesados (fariñas) como non procesados (cereais, legumes, ...)


A CERÁMICA

A producción cerámica era unha das actividades máis importantes das comunidades da Idade do Bronce.
Fabricábanse con arxila e moldeábase a man unindo tiras de barro ata conseguir a forma desexada.
Almacenar os excedentes do campo, cociñar e consumir os alimentos era posible grazas á existencia dunha complexa vaixela doméstica adaptada aos difeentes usos e funcións.





O PODER DO METAL

Os productos realizados en metal ademais da súa funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de estatus (importancia que tiña o seu posuidor dentro da sociedade) e de prestixio social.
Entre estes obxectos realizados en cobre ou bronce destacaba a abundancia de armas: espadas, machadas, alabardas, puntas de frecha, etc.


ALABARDA






ARMAS DA IDADE DO BRONCE



O ouro e a prata empregábanse para elaborar obxectos de adorno persoal que soen aparecer en contextos funerarios (enterramentos) : gargantillas, diademas, espirais, etc.

DE QUE ÉPOCA SON  OS PETROGLIFOS ?

Aínda que moitos investigadores din que son do calcolítico, tradicionalmente sitúanse nas etapas inicial e media da Idade do Bronce, entre o 1900 e o 1100 a. C. , é dicir, hai uns 4.000 anos.





AS VIVENDAS

As vivendas  adoitaban ter forma oval ou circular. Seguramente se apoiaban en robustos postes de carballo, sobre os que se urdía o tramado de varas de abeleira revocado en palla e en barro para illalas do frío e da auga. As xestas eran empregadas para cubrir a teitume e o chan sería un piso de terra batida.




O interior das cabanas contaba con espazos de uso diferenciado:
A. Unha zona para durmir, ocupada con camas de fentos e de peles.
B. Zona de traballo, onde dispoñer dun tear para traballar a la, e de almacenamento paraa recipientes cerámicos, de cesteiría e vestimenta.


ZONA DE TRABALLO NO INTERIOR DA CABANA




MUIÑOS  DE MAN NAVICULARES







ZONA PARA DURMIR CON CAMA DE FENTOS E PELES










QUEN FACÍA OS PETROGLIFOS?

É moi probable que os encargados de facer os gravados fosen os chamados "CHAMÁNS", que eran personaxes aos que se lles atribuían poderes sobrenaturais que tiñan visións e podían curar enfermidades, e é moi probable que baixo efectos alucinóxenos, provocados polo consumo dalgunha planta con estes compoñentes. E seguramente estes homes reprensentasen nas rochas estes motivos dos que hoxe non entendemos o seu significado.

As representacións gravadas nas rochas poden ter dous tipos de lectura :
1. Poden tratarse de escenas ou imaxes da vida real
2. Ou poden ser a narración dunha historia ou dun mito.

O motivo de que os homes comezaran a representar figuras do seu contorno e ás veces figuras abstractas pode que tiveran que ver coas súas crenzas en forzas superiores que os protexesen e axudasen nas actividades diarias como a caza, a pesca, a recolección, a guerra, etc. acompañadas probablemente  de diversos rituais.

OS PETROGLIFOS DE VIGO

No noso Concello contamos cun cento de petroglifos dos que destacan os de Sárdoma (petroglifo de Aires), San Miguel de Oia, San Andrés de Comesaña e Valladares. A maior concentración de petroglifos podemos atopala en Coruxo, onde hai máis de 50 pedras gravadas.
Hai unha interesante páxina onde tes fotografías e vídeos sobre os petroglifos que temos en Vigo, déixote aquí o enlace, algúns son doados de localizar e visitar :



TIPOS DE PETROGLIFOS

Os petroglifos poden ser de dous tipos :

1. Abstractos : son xeralmente figuras xeométricas, nas que destacan as coviñas (pequenos ocos semiesféricos), os círculos simples , os circulos concéntricos, as espirais, os labirintos e algunhas figuras cadrangulares e axedrezados, etc.

2. Figurativos : nestes destacan os naturistas , que son aqueles que representan imaxes de animais como cervos, cabalos, escenas de monta, serpes, armas (alabardas, puñais,espadas, ...), figuras humanas, ídolos, etc.


1. PÍAS OU CAZOLETAS 2. CÍRCULOS, CONCÉNTRICOS 3.ESPIRAIS 4. LABIRINTOS 5.ZOOMORFOS                       
6.ANTROPOMORFOS 7. IDOLIFORMES 8.ARMAS 9.CADRANGULARES E TABOLEIROS 10.PEGADAS E OUTROS
11. BARCOS                                                                                                                                                                                     








En moitos lugares de Europa aparecen petróglifos que teñen moita semellanza aos petróglifos galegos.




A MORTE NA IDADE DO BRONCE

Durante a Idade do Bronce realizábanse distintos rituais funerariosque tiñan en común o ENTERRAMENTO INDIVIDUAL  e a ESCASA MONUMENTALIDADE. As solucións concretas son variadas:´MÁMOAS DE PEQUENO TAMAÑO, FOXAS, CISTAS, COVAS.
O tipo máis común e característico de enterramento foi a CISTA: os corpos inhumábanse en foxas escavadas no chan rodeadas de laxes de pedra. O defunto colocábase en posición fetal decúbito lateral, acompañado de ofrendas, o enxoval funerario, compostas por vasillas cerámicas cheas de alimentos e bebidas, como a cervexa, e por obxectos persoais adornos e armas.

CISTA E ENXOVAL FUNERARIO

O CERVO

MACHOS LOITANDO

As especies animais plasmadas nos petróglifos son escasas e limítanse á presenza de serpes, cuadrúpedes indeterminados, cabalos e, sobre todo, cervos.


PEDRA DA SERPE (PENALBA)
A LENDA DA SERPE DO CASTO DE PENALBA 

Conta a lenda que sobre este petroglifo da serpe do castro de Penalba en San Miguel do Campo (Campolameiro) van copular as parellas sen fillos que queren ter descendencia as noites de lúa chea, preferntemente na noite de San Xoán (solsticio de verán) pero halle de levar ás serpes como ofrenda unha cunca de leite sen ferver e muxido de unha vaca que estea criando.
Esta lenda ten algunha semellanza coa da Cova da Becha do Galiñeiro:
Na serra do Galiñeiro hai unha cova chamada a Cova da Becha (a becha é unha serpe enorme)  na que habita unha serpe que mama das cabras cando están críando ás cabuxiñas, deixando a estas sen alimento, os gandeiros para que as crías non morran de fame tamén lle fan unha ofrenda dunha cunca de leite que lla deixan na entrada da cova para que a becha deixe de mamar nas cabras.

 As escenas céntranse na plasmación de actitudes que teñen comezo a principios do outono, durante a época de celo deste animal e revelan un profundo coñecemento do seu comportamento por parte do artista dos petróglifos: mandas de cervos aliñados, bramidos que representan a berrea do cervo, olfacteo dos xenitais, cópulas ou loitas entre os machos.


BERREA DO CERVO


ESCENAS DE CAZA

As escenas de caza son frecuentes nos petróglifos galegos. Habitualmente o animal cazado é un cervo macho adulto, facilmente recoñecible polas súas grandes cornas ramificadas, e por ser a figura de maior tamaño dentro do panel e por ocupar unha posición visualmente privilexiada na escena.

Nº1
Os impactos sobre o seu lombo, frechas ou lanzas, as feridas representadas por pequenas coviñas, axudan a facer máis clara a actividade da caza (actividade cinexética)

Aínda que a caza segue a ser importante durante o Neolítico final e a Idade de Bronce, a fauna identificada nos xacementos desta época indícanos que a carne consumida procedía, na súa maior parte, de animais domésticos e que, entre os animais salvaxes, o cervo era infrecuente.
A caza de grandes cervos representaba máis ben unha ACTIVIDADE DE PRESTIXIO E DE RELEVANCIA SOCIAL máis que unha actividade económica, e esta situación tamén se plasmou noutros petroglifos europeos.


OUTEIRO DOS COGOLUDOS (CAMPOLAMEIRO)

Nunha época na que asistimos a unha crecente transformación da paisaxe por parte dos grupos humanos, os petróglifos que teñen como protagonistas aos grandes cervos reforzan a idea de dominio do home sobre a natureza.

A representación de escenas de caza con grandes cervos lanceados e con feridas, de cervos con lanzas ou con colares ao redor do pescozo ou dalgúns exemplos de escenas de monta nos que o animal cabalgado é o cervo, son expresións do sometemento por parte do home dos aspectos máis salvaxes da natureza. 


A MONTA

ESCENA DE MONTA

Os cabalos representados nos nosos petóglifos distínguense doadamente dos cervos pola súa longa e espesa cola. Ás veces, as súas patas apóianse sobre unha fenda ou fisura da rocha que simula ser a liña do solo e dispóñense como se fosen a galope. O máis habitual é que se represente unha única montura, aínda que hai algúns casos nos que se representan dúas.

O XINETE

No conxunto dos petróglifos de Galicia coñecemos uns 20 paneis nos que podemos recoñecer ao xinete a cabalo. A súa figura conséguese mediante unha liña que, con sinxeleza, delimita o corpo e a cabeza e, usualmente, sostén  cunha man as rendas ou a cabeza do cabalo e coa outra suxeita unha arma arreboladiza (unha lanza)


PETROLIFO DE CASTRIÑO DE CONXO (SANTIAGO)




Nº2


Nº3




Nº 4


A REPRESENTACIÓN DE ARMAS


PETRÓGLIFO DE ARMAS DE AUGA DA LAXE (VINCIOS, GONDOMAR)


Con frecuencia as representacións de armas gozan dunha representación visualmente privilexiada dentro dos paneis, sobre todo no caso das grandes rochas verticais nas que aparecen conxuntamente puñais, alabardas e escutiformes ou carros de guerra (?). Son as rochas panoplia (pan = todo, opla=armas)
Outras veces, a disposición ordenada das figuras de armas recorda a observada nalgúns depósitos metálicos identificados no rexistro arqueolóxico do occidente europeo.
As figuras de guerreiros e do armamento metálico propio da primeira metalurxia son frecuentes entre os petróglifos de Galicia. Puñais, espadas, alabardas e escutiformes(?) ou segundo outros autores carros de combate (?) constitúen un armamento moi especializado, e a súa asociación coa figura humana revélanos a crecente importancia da guerra e a importancia social do guerreiro.


PETRÓGLIFO DE AIRES (SÁRDOMA, VIGO)







Nº5




Nº 6


Nº 7




Nº 8




Nº 9




Nº 10  BAIONA




Nº 11


Nº 12




Nº 13  MUROS




Nº 14  MUROS



Nº 15  MUROS




Nº 16  VENTOSELA (REDONDELA)




Nº 17 VENTOSELA (REDONDELA)





Nº 18 TOURÓN (PONTECALDELAS)



Nº 19 TOURÓN (PONTECALDELAS)



Nº 20




Nº 21 MOGOR (MARÍN)

Nº 22

No seguinte enlace podes ver fotografías e uns interesantes vídeos sobre o PETROGLIFO DE ARMAS DE AUGA DA LAXE:



EXCURSIÓN 5º E.P. (14 MAIO 2013)

 
 












































































































































































 

No hay comentarios:

Publicar un comentario