Cando saímos de excursión por un bosque podemos observar unhas raras formacións que penduran dos troncos das árbores, que cobren as rochas ou os muros, ... : son os LIQUES, organismos vexetais formados por dous seres vivos : UN FUNGO e UN ALGA que viven en SIMBIOSE, aproveitándose, reciprocamente, o un do outro.
LIQUE FRUTICULOSO: USNEA BARBATA. |
Hai 4 TIPOS DE LIQUES:
- INSCRUSTADOS : son os que están completamente adheridos ao substrato ( cortiza, rocha,...) formando manchas ou costras son moi difíciles de desprender.
- FOLIÁCEOS OU FOLICULARES : forman láminas ou fitas extendidas sobre o substrato ao que se unen en varios puntos. Pódense separar en parte.
- FRUTICULOSOS : talos en forma de cordón ou fitas (como barbas) que están unidos ao substrato nun único punto. Sepáranse doadamente.
- COMPOSTOS : formados pola combinación de dous dos anteriores tipos.
Os liques son moi resistentes e adaptanse ás condicións ambientais difíciles e son un dos organismos máis difundidos da terra, hainos en paredes rochosas, no litoral, sobre muros, casas e sobre todo na cortiza das árbores.
Polo xeral desenvólvense sobre cortizas coa superficie rugosa das que extraen as nutrintes e a humidade necesaria para o seu crecemento; en especial sobre os troncos máis vellos e nas partes máis expostas ao sol e a chuvia.
Os liques son INDICADORES DE ALARMA ANTE A CONTAMINACIÓN AMBIENTAL, unhas especies máis que outras.Nas zonas moi contaminadas buscan acubillo no centro do bosque e en lugares protexidos, como vales estreitos e barrancos inaccesibles etc.
Cladonia bellidiflora : moi sensible á contaminación |
A continuación tes unha clave elaborada pola asociación ANABAM para poder clasificar algúns liques, válido sobre todo para os liques que hai nas rochas do noso litoral de A Guarda:
ACTIVIDADE :
A ver se es quen de averiguar os nomes dos liques das fotografía utilizando a clave anterior.
Envíame a túa resposta. Podes acadar 1 PUNTO en sendeirismo.
Debes indicar :
- Nome do lique.
- Tipo de lique
- Substrato no que se atopa.
- Número da foto
Fíxate que nalgunha fotografía hai máis dun lique.
Tes unha táboa ao final deste artigo que podes copiar e completar.
Tes unha táboa ao final deste artigo que podes copiar e completar.
FOTO Nº | NOME | TIPO DE LIQUE | SUBSTRATO |
1 | |||
2 | |||
3 | |||
4 | |||
5 | |||
6 | |||
7 |
Se queres ver máis liques tes unha interesante páxina irlandesa con moitas variedades de formas e cores, a paxina está en inglés , pero as fotografías merecen a pena, aí tes o seu enlace:
http://www.lichens.ie/lichen-descriptions/fruticose-filamentose/teloschistes-chrysophthalmus-l-thfr/640-cover-p2076183/
No hay comentarios:
Publicar un comentario