viernes, 8 de abril de 2011

CURIOSIDADES




O COMPÁS

Parece ser que as orixes do compás son as antigas prácticas adiviñadoras que empregaban os chineses na época Han, hai varios milleiros de anos, cando uns científicos chineses colocaron unha culler tallada en magnetita sobre un soporte de bronce no que estaban marcados os puntos cardinais, as constelacións e as casas lunares astronómicas...
O descubremento ocorreu ao deixar libre a culler, pois a súa parte cóncaba apuntaba cara ao sur.
Este primitivo compás non se conservou ata os nosos días, pero se coñecen algúns libros e grabados que falan del: o libro" Lun´Hen", escrito por Wang Ch´ung; tamén nun baixorrelevo do ano 114 que se conserva en Zurich (Suiza).


Outro aparello que foi tamén considerado como orixe do compás estaba formado por un pequeno imán que ía acoplado a unha madeira tallada en forma de peixe cunha pequena punta metálica nun extremo; o conxunto deixábase en auga de xeito que puidera xirar lentamente ata que a cabeza metálica sinalaba o sur.
Este antigo compás aparece debuxado no libro "Wu´ching tsung-yao" do escritor chinés Tsen Kung-tuang do ano 1044.
Por estes e outros exemplos similares considérase aos chineses como os primeiros que coñeceron e empregaron o magnetismo terrestre para orientarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario