Nas saídas que facemos de sendeirismo sempre aprendemos os nomes dalgunhas plantas, arbustos, cogomelos, liques...
Se queres seguir aprendendo máis sobre todo este mundo da botánica, un bo método é o de facer un herbario e levar sempre contigo un caderno de campo, como che explico a continuación. Aí van pois uns cantos consellos. Se tes algunha dúbida ou pregunta non deixes de preguntarmas mandando un comentario ou ben na clase.
O mellor xeito de estudar unha planta é mediante a observación no seu propio medio. Tamén sempre nos queda o recurso de sacarlle unha foto.
Ás veces por falta de tempo, ou por falta dos medios necesarios como pode ser a necesidade de empregar un microscopio...pódese elaborar un herbario.
Castiñeiro en flor (Castanea sativa) |
Existe un "Catalogo de especies ameazadas" e o "Rexistro de especies de interese galego", que se pode consultar na páxina da Xunta:
Este catálogo prohibe a recolleita dalgunhas especies agás as autorizacións que se fagan por motivos científicos ou didácticos para as que se deberá solicitar un permiso especial.
Sempre debemos coller as follas que necesitemos tratando de facer o menor dano posible á planta e cerciorarnos sempre de que non é unha especie en perigo, como xa che expliquei antes. En caso de dúbida consulta aos teus mestres.
Cara da folla dun bidueiro. Betula celtiberica. |
Podes aproveitar as saídas de sendeirismo para a recolleita de especies, por iso é conveniente que leves un caderno de campo no que deberás anotar os datos que che explico máis adiante, nel poderás facer debuxos, planos de rutas, rochas e minerais e outo tipo de anotacións que precises. Lembra que moitas cousas que nos explican unha vez que pasan uns días esquécense doadamente, se as anotas neste caderno poderás consultalo cantas veces o necesites.
A ELABORACIÓN DO HERBARIO
A ELABORACIÓN DO HERBARIO
Tendo en conta isto imos ver cales serían os pasos a seguir para elaborar un herbario:
- A conservación comeza no momento de arrincar a planta; debes facelo coidadosamente, recollendo as partes e órganos que se precisen para a súa posterior identificación.
- O ideal sería levar connosco unha prensa de campo portátil, pero abonda, se queres ir máis lixeiro cunhas prácticas bolsiñas de plástico de tamaño axeitado ( como as que se empregan para conxelar alimentos) que poden conservar ben a humidade das plantas as horas que necesitemos ata que as poñamos na prensa.
- Se collemos follas debemos coller dúas de cada, para poder ver a cara e o envés.
- Para proceder ao prensado debemos colocar as plantas con moito coidado, evitando que queden dobradas que non se superpoñan as flores, poliñas nin follas. Pousarémolas sobre papel de xornal (varias follas mellor que unha soa), que é ao mesmo tempo barato e moi absorvente.
Todos os pregos de xornal coas súas correspondentes follas ou plantas temos que colocarlles un peso enriba, planchas metálicas,etc pero o máis barato é empregar varios tomos dunha enciclopedia ou outros libros pesados. Se tes paciencia podes construir unha prensa.
- Debemos cambiar os xornais case a diario ata acadar o secado total da planta cantos máis días as deixes prensando mellor conservadas estarán.
- En plantas crasas (moi carnosas e que teñen moita humidade) podemoslles pasar o ferro, sempre coas plantas metidas entre os pregos do xornal.
- Deberemos acompañalas de etiquetas ou número que se corresponda co do caderno de campo.
Rebentabois,brincabois Amanita muscaria |
A MONTAXE
Débense dispoñer en cartolinas , pegadas con cinta adhesiva,esparadrapo ou cosidas con fío e recubertas doutro papel máis fino.
O CADERNO DE CAMPO
Sérve calquera caderno, a ser posible de pequeno tamaño, mesmo podes elaboralo ti. Nel deberás anotar :
- Nome da planta (se a coñeces); se non é así deberás buscalo nunha guía de plantas. Debes anotar tamén o seu nome científico.
- Data da recolleita.
- Lugar : provincia, concello, parroquia...
- Características da zona: Ecosistema: río, monte, pasteiro, muro, rochas, charca, ...
- Altura sobre o nivel do mar.
- Nome do recolector.
Todos estes datos deben logo aparecer xunto a cada planta unha vez que estean prensadas.
Neste enlace da paxina do Concello que tes a continuación tes instruccións de como facer o teu propio caderno de campo
Neste enlace da paxina do Concello que tes a continuación tes instruccións de como facer o teu propio caderno de campo
http://hoxe.vigo.org/movemonos/mabiente_camino.php?lang=cas
CONSERVACIÓN DE ALGAS, BRIÓNS E LIQUES
CONSERVACIÓN DE ALGAS, BRIÓNS E LIQUES
As algas sécanse cun proceso moi semellante ao anterior, se ben necesitarán moitos máis días, pois conteñen moita auga.
Nesta páxina do Concello tes tamén unhas indicacións de como se fai un algario :
Os liques e brións deixanse secar ó aire libre. Nos liques , deste xeito, manteñen moito mellor a súa forma e cor.
Sargazo vexigoso (Fucus vesiculosus) |
Nesta páxina do Concello tes tamén unhas indicacións de como se fai un algario :
Os liques e brións deixanse secar ó aire libre. Nos liques , deste xeito, manteñen moito mellor a súa forma e cor.
Nos brións pérdese a cor, pero podemos recuperala engadíndolle de novo auga.
OS COGOMELOS
Debemos deixalos secar preto dun radiador ou estufa para que perdan a súa auga rapidamente sen apodrecer. Podemos acompañar estas mostras secas dunha fotografía. Para gardalos poder utilizar esas caixas clasificadoras que están divididas no seu interior e acompañalas tamén con todos os datos.
Esqueiro (Trametes versicolor) |
O herbario é unha ferramenta de traballo e consulta e é un bo método de aprendizaxe botánico.
Non esquezas levar sempre que podas :
Non esquezas levar sempre que podas :
- Caderno de campo, lapis, goma, afialapis.
- Bolsiñas de plástico.
- Cámara de fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario