Imos comezar polos principais e máis útiles :
1.-AS CURVAS DE NIVEL (Isohipsas; iso:igual, hipso: altura) :
Son liñas imaxinarias que unen puntos que teñen a mesma altitude sobre o nivel do mar (cota).
Representan con precisión o relevo do terreo.
Hainas de dúas categorías :
- Curvas de nivel mestras : son as que teñen un trazo moito máis groso e levan escrita a altitude. Fíxate na fig. 1. Nos mapas de escala 1/25.000 e 1/50.000 cada unha destas curvas mestras sinalan variacións de 100 en 100 metros.
- Curvas de nivel auxiliares ou secundarias : sinalan variaciones de 10 en 10 m nos mapas a escala 1/25.000 e de 20 en 20 m nos de escala 1/50.000. Son as liñas que van en medio de cada dúas liñas mestras.
CURVAS DE NIVEL MESTRAS E AUXILIARES |
Cando as liñas de nivel van moi xuntas indican que as pendentes son moi pronunciadas.
Cando van moi separadas indican chairas ou pouca pendente.
Nalgúns mapas a altitude aparece representada mediante cores : Verde (vales e chairas), amarelo (mesetas ou pequenas elvacións), marrón claro (montalñas de pouca altitude ), marróns máis escuros para picos máis elevados...
2.-A Proxección U.T.M. : (Universal Transversal Mercator)
Gerardus Mercator foi un cartógrafo holandés do s. XVI que fixo un mapamundi que debuxou utilizando a proxección cilindrica deseñada por el e que é a máis empregada na actualidade.
A proxección consiste en envolver a terra nun cilindro e debuxar nel a súa superficie.
Imaxina que nun globo terrestre unha luz dende o seu interior proxectase sobre ese cilindro o contorno dos continentes e logo os debuxáramos nel. O cortar ese cilindro obteríamos un mapamundi rectangular. Observa a Fig.2 :
PROXECCIÓN MERCATOR |
3.-A DECLINACIÓN MAGNÉTICA:
A agulla do compás sinala o Polo Norte Magnético (lembrade o que expliquei no capítulo de orientación de RUMBO e ACIMUT) . Este P.N.Magnético non coincide co Polo Norte Xeográfico que é o punto por onde pasa o eixo da terra.
O ángulo que forman entrambos é o que se coñece por DECLINACIÓN MAGNÉTICA :
DECLINACIÓN MAGNÉTICA |
Para corrixir esta diferencia unha vez tomado o rumbo coa axuda do mapa e do compás só hai que restar ou sumar o valor que aparece no mapa topográfico.
En España , o Norte Magnético oscila entre 4º ou 5º ó oeste do Norte xeográfico; un erro dun grao desviaríanos 90 m do noso obxectivo cada 5 Km . En excursións de sendeirismo estes erros son tan pequenos que non merece a pena calculalas.
LEMBRA :
DECLINACIÓN ORIENTAL(LESTE) NO COMPAS DEBES RESTAR
DECLINACIÓN OCCIDENTAL(OESTE) NO COMPÁS DEBES SUMAR.
DECLINACIÓN MAGNÉTICA |
4.- A ESCALA:
As escalas máis empregadas nos mapas topográficos soen ser 1/25.000 e 1/50.000.
No mapa da ilustración anterior como podes ver é de 1/25.000 ou 1:25.000 o que quere dicir que cada cm que midas no mapa son 25.000 cm reais na superficie da terra, e se o pasas a metros serían 250 m.
Se te fixas o mapa está dividido en cadrados que miden de lado 4cm, polo tanto cada 4cm serán 4 x 250m = 1.000 m , ou o que é o mesmo 1Km
5.- VÉRTICES XEODÉXICOS :
Para elaborar un mapa é necesario que o territorio que se quere representar dispoña dunha REDE XEODÉSICA : QUE É UN CONXUNTO DE PUNTOS EXACTAMENTE LOCALIZADOS E SITUADOS A TRAMOS REGULARES
VÉRTICE XEODÉSICO NO GALIÑEIRO |
VÉRTICE XEODÉSICO DO MTE. CEPUDO |
Estes vertices soen estar sinalizados con cilindros de formigón.
A Rede xeodésica española está composta de 12.600 v. xeodésicos repartidos por todo o territorio e a unha equidistancia de 10 Km.
Os de primeira orde están respresentados no mapa por dous triángulos circunscritos cun punto no seu centro, como os da seguintr imaxe :
REPRESENTACIÓN DUN VÉRTICE XEODÉSICO DE PRIMEIRA ORDE |
Un pouco de historia :
A Rede xeodésica española comezouse a facer no ano 1852 pola Comisión do Mapa de España e estaba formada por tres ordes ou categorías.
Tardouse case un século en facerse.
Arredor de 1970 o Instituto Xeográfico Nacional comezou de novo a reconstruir a Rede que desaparecera durante a Guerra Civil Española e polo desenvolvemento urbano. Este proxecto iniciouse en 1980 e rematouse en 1992.
Na base destes vertices soe estar escrita a frase :"a destrucción deste vértice está penada pola lei" ou algo similar.
VÉRTICE XEODÉSICO DO MTE. CEPUDO |
6.-SIGNOS CONVENCIONAIS :
En todos estes mapas aparecen moitos signos que representan elementos non topográficos pero que teñen gran importancia : estradas, vías do ferrocarril, construccións, vilas, pobos, ríos, etc.,como os que aparecen no nº 6 da primeira ilustración, ou os que aparecen na seguinte:
ALGÚNS SIGNOS CONVENCIONAIS |
No borde inferior do mapa aparecen : ano en que foi editado o mapa, con que tecnoloxía foi elaaborado, a data en que se recolleu a información que contén :
Os números que aparecen nos laterais do mapa son as coordenadas xeográficas representadas en graos, minutos e segundos.
Os números que aparecen na vertical corresponden á LATITUDE (as liñas son os meridianos),
Os que aparecen na horizontal e a LONXITUDE (as liñas son os paralelos).
Cada grao de latitude equivale a 113,3 Km e cada grao de lonxitude equivale a 111,11 Km, esta diferencia débese a que a Terra é unha esfera, pero está achatada polos Polos.
LATITUDE 40º10´4´´;LONXITUDE 5º21´ 10´´ |
LEMBRA :
Se dividimos 40.070Km : 360º = 111,11 Km (é a medida de 1º).
Se dividimos 111.11 : 60´ = 1.852 m (é a medida dun minuto) o que coñecemos por
MILLA MARIÑA.
O Meridiano de Greenwich e o Ecuador sinalan os 0º de latitude e lonxitude.
Tamén aparecen outros numeros en cor azul que corresponden á cadrícula quilométrica de acordo á proxección U.T.M.
9.- SITUACIÓN NO MAPA TOPOGRÁFICO :
O Mapa topográfico Nacional está formado por 1.108 follas de escala 1/50.000.
Cada unha destas follas está dividida a súa vez en 4 follas de escala 1/25.000.
O mapa que aparece representado aquí é o plano IV da folla 557 do Mapa topográfico nacional. Os dous números inferiores son a columna e a fila dunha cadrícula que abarca todo o territorio nacional. Todas as follas reciben tamén o nome dunha poboación (Neste caso "EL RASO")
FOLLA 577 , PLANO IV |
No hay comentarios:
Publicar un comentario