-
- O sol sae polo leste e ponse polo oeste (sobre todo nos equinocios)
- Ó mediodía (12 horas) se miramos cara ó sol nos indicará a dirección SUR, ás nosas costas teremos o NORTE , á nosa esquerda estará o LESTE , e á dereita o OESTE (Fíxate na Fig 1)
- A ESTRELA POLAR : Non é a máis brillante como pensa moita xente, pero sempre sinala o NORTE; podes localizala prolongando 5 veces a distancia entre as dúas estrelas da Osa Maior que no debuxo aparece coa letra A ou ben localizando a constelación de Casiopea tamén como se indica no debuxo (Fig. 1)
Fig.1 |
METODO DAS AGULLAS DO RELOXO : Aliñando a agulla das horas(agulla pequena) co sol. A bisectriz do ángulo que forma a dirección das doce e esta agulla pequena (Recorda que a bisectriz é a liña que divide o angulo en dúas metades iguais) tamén sinala o SUR (Fig. 2).
Fig. 2 |
5. A LÚA SINALA O SUR :
- Ás 12 da noite cando é lúa chea.
- Ás 6 da madrugada cando é Minguante.
- Ás 6 da tarde cando é crecente.
- RECORDA : "A LÚA MINTE" ( É Crecente cando ten forma de D, é minguante cando ten forma de C .)
- FÍXATE NA Fig.3 , Cando a lúa está na fase MINGUANTE SINALA :
O LESTE ás 24 horas
O SUR as 16 horas
Fig.3 |
- Nos tocóns das árbores (troncos das árbores que foron talados) : os aneis están máis grandes na parte que sinala ó SUR.
- A cara NORTE DAS ROCHAS E DAS ÁRBORES acumulan máis musgo que a cara sur que é máis soleada.
- A neve desaparece antes nas ladeiras da montaña orientadas ó SUR.
- Nos seus movementos migratorios as aves diríxense cara o SUR en outono e cara ó NORTE en primavera.
- As formigas poñen a entrada dos seus formigueiros cara ó SUR.
Fig.4 |
Fig. 5 |
7.No HEMISFERIO SUR : utilizan unha constelación que se chama a CRUZ DO SUR en lugar da estrela POLAR (Fíxate na Fig. 5)
E LEMBRA : OS INDICIOS NATURAIS MOITAS VECES NON SON FIABLES POIS MOITOS MICROCLIMAS FAN ÁS VECES QUE NON SE CUMPLAN.
Se queres saber máis sobre as constelacións ve o seguinte video :
No hay comentarios:
Publicar un comentario