viernes, 11 de noviembre de 2011

SENDEIRO LIMÉNS-FACHO DONÓN

PRÓXIMO SENDEIRO: curso 2011-2012
DATA :  SÁBADO 24 DE MARZO



FACHO DE DONÓN




PENÍNSULA DO MORRAZO.


Dende a praia de Liméns, logo de observar as súas dunas, atravesaremos unha pontella romana que pertencía á calzada romana que unía esta praia coa de Nerga; despois dunha pequena subida pasaremos pola área medioambiental de Liméns, dende alí chegaremos á praia de Temperáns ou praia das Moscas, dende alí por un sendeiro continuaremos ás praias de Nerga.
PRAIA DE TEMPERÁN.  RESTOS DA FACTORIA DE SALGADURAS "BOGADOR"


 Neste punto entraremos dentro doutro espacio de especial interese, trátase do Espazo Natural Protexido de Nerga-Barra, Cabo Home e Costa da Vela.
As praias de Nerga e Barra caracterízanse polos seus extensos campos de dunas que foron estabilizados mediante a plantación de piñeiros para deter o avance das dunas cara ao interior.

SISTEMA DUNAR DE NERGA-BARRA E BOSQUE DE PIÑEIROS MANSOS

Este piñeiral aínda que é un elemento artificial e non corresponde ao ecosistema dunar, integrouse perfectamente na paisaxe.É, posiblemente, o piñeiral ou  bosque de piñeiros mansos (Pinus pinae) máis importante de toda Galicia.

PIÑEIRO MANSO (Pinus pinea)
Neste lugar podemos facer un estudio do ecosistema dunar semellante ao que vimos nas Illas Cíes.

CAMIÑO AOS FAROS DESPOIS DA PRAIA DE BARRA


 Ao final da praia de Barra colleremos outro sendeiro pola ladeira do monte para dirixirnos aos tres faros que hai no extremo da Península do Morrazo fronte as Illas Cíes :
 O primeiro deles corresponde a punta Subrido (faro de cor branca), logo de pasar pola praia de Melide, chegaremos ao segundo faro( faro de cor vermella) de punta Robaleira e logo ao terceiro faro (faro de cor branca) é o de cabo Home.

No Bog de sendeirismo 2 tes unha entrada coa etiqueta FAROS, consúltaa para saber máis sobre estes e o porqué das súas cores.
Se queres ler esa entrada preme neste enlace:




FARO EN PUNTA SUBRIDO

PANEL INFORMATIVO

CABO HOME E ILLAS CÍES


PANEL INFORMATIVO


PRAIA DE MELIDE ENTRE PUNTA SUBRIDO E PUNTA ROBALEIRA

PIÑEIROS BRAVOS E PIÑEIROS DE MONTERREI FIXAN AS DUNAS DA PRAIA DE MELIDE


CEBOLA DAS GAIVOTAS



ORUGA DA BOLBORETA BRITIS CRINI ASOCIADA Á CEBOLA DAS GAIVOTAS







BOLBORETA NOCTURNA BRITIS CRINI



HELLICRISUM PICARDI


HERBA DE NAMORAR

CANTÍS DA COSTA DA VELA



CANTÍS DE PUNTA VIXÍA



GNEIS NOS CANTÍS



COSTA DA VELA







ANÉMONAS, MEXILÓNS, LAPAS, ALGAS CALCÁREAS, ...




XESTA


SEDUM


Despois de ver os cantís que teñen en fronte ás Illas Cíes dirixirémonos á aldea de Donón.

CANTÍS DA COSTA DA VELA E FACHO DE DONÓN AO FONDO
En Donón poderemos observar os cantís da Costa da Vela e dende alí dirixirnos ata o Facho de Donón, onde, a través dun camiño enlousado, con moitos restos de rodeiras dos carros do país, e que probablemente data do século XVII, aínda que hai autores que din que é moito máis antigo e mesmo da época romana.

RODEIRAS DE CARRO NO CAMIÑO


FARO BRANCO E CANTÍS EN CABO HOME

Nos cantís pola forte erosión á que se ven sometidas polo mar , o vento,etc se producen formas moi orixinais como poden ser as FURNAS E BURATOS DO INFERNO, ARCOS (COMO O DA FOTO INFERIOR), COLUMNAS, AGULLAS, ETC.
Un dos lugares de Galicia é a praia das Catedrais, preto de Ribadeo. Se queres ver esas formacións tan orixinais preme no seguinte enlace poderás ver unha presentación en Powerpoint, tarda un pouquiño en descargar, pero paga a pena :



ARCO EN CABO HOME (COSTA DA VELA)





CAMIÑO ENLOUSADO CARA AO FACHO DE DONÓN
Dende este camiño subiremos ata unha pequena chaira ata chegar ao Monte do Facho, na antigüidade houbo neste outeiro un castro romanizado e un altar adicado ao deus Berobreo, do que se atoparon numerosas aras votivas (de ofrenda). Estas aras están nos Museos de Pontevedra e o de Castrelos en Vigo.

PANEL INFORMATIVO DO CASTRO GALAICO-ROMANO DE DONÓN.


RESTOS DE VIVENDAS CASTREXAS NO POBOADO DO FACHO


CASTRO NO FACHO DE DONÓN



BARBAS DE RAPOSO OU CUSCUTA : PLANTA QUE PARASITA AOS TOXOS.


TOLLEMERENDAS (Colchinum autumnale) Florece entre o verán e outono de aí o seu nome


SANTUARIO ADICADO AO DEUS BEROBREO
"Deus lari Berobreo aram posuit pro salutem" é a inscripción que levan as máis de 160 aras
votivas que se atoparon neste santuario. Cada peregrino depositaba a súa, pedindo pola súa saúde
como nos di a inscripción latina :"Ao deus lar Berobreo deixo esta ara para que me dea saúde"
Hoxe o monte do Facho aprece rematado por unha garita de pedra, que é un posto vixía do século XVII que substitúe aos antigos fachos ou faros (fogueiras), fíxate que aínda moitos dos nosos montes chámanse faros ou fachos, dende onde se observaba a costa ante posibles ataques de piratas ou de flotas inimigas, se había indicios de perigo avisábase á poboación mediante sinais de lume ou de fume, segundo fose día ou noite , estes sinais eran avistados a súa vez por outros fachos ou faros ( facho de Hío, Faro Domaio, Facho de  Mougas,..) situados estratexicamente ao longo de toda a nosa costa; estes a súa vez, repetían a mensaxe a outros centinelas máis alonxados, chegando en pouco tempo a noticia ás garnicións militares. O facho de Donón é o mellor conservado de todos os que houbo espallados pola costa galega.

ARA ADICADA A BEROBREO


GARITA NO MONTE DO FACHO
Dende o cume do Facho de Donón temos unha vista panorámica única :
Podemos ver dende os cantís da Costa da Vela, as illas Cíes, e se o tempo o permite e o día está despexado podremos ver todas as Rías Baixas, as illas de Ons e Sálvora. Podremos ver o litoral dende cabo Silleiro (preto de onde está o facho de Mougás) ata a península da Barbanza.

O SANTUARIO GALAICO-ROMANO DO FACHO

As excavacións arqueolóxicas e os achádegos de aras-votivas (apareceron unhas 161) deixan claro que este  foi un lugar de peregrinaxe (entre os séculos II ao IV) adicado ao deus Berobreo, este número tan enorme de aras non é superado por ningún santuario en toda a península Ibérica.
Os peregrinos subían ao Facho, e no cume do outeiro, co océano ante os seus ollos (a fin do mundo, nesa época, o "Finis Terrae") chantaban nunha pequena chaira a súa ara ou pequeno altar adicándollo ao deus Berobreo e pedíndolle saúde. A inscipción, en latín, di sempre o mesmo:

"Deus lari Berobreo aram posuit pro salute"

Se queres saber máis sobre as lendas romanas e o facho de Donón preme neste enlace :



Se queres saber máis sobre aras e o deus galaico-romano Berobreo :


VIDEO DE GALICIA MÁXICA:

video




No hay comentarios:

Publicar un comentario