miércoles, 19 de octubre de 2011

ORIENTACIÓN COA LÚA




Lembra que como xa comentei nas páxinas de orientación deste blog:  "A LÚA MINTE".

Cando  a lúa ten forma de "C" fainos pensar que está en CUARTO CRECENTE, pero non; a lúa minte, e polo tanto está en CUARTO MINGUANTE.

Cando  ten forma de "D" pode facernos pensar en decrecente ou minguante, pero tampouco é así; a lúa volve a mentir porque realmente está en CUARTO CRECENTE.

Se de noite queremos orientarnos, e se temos a sorte de ver a lúa nunha destas posicións recorda que cando a lúa está en CRECENTE  os seus "cornos" sinalan o LESTE.

LÚA CRECENTE, OS "CORNOS" SINALAN O LESTE



Se, polo contrario, a lúa está en MINGUANTE os seus "cornos" sinalan o OESTE.


LÚA EN C. MINGUANTE, OS SEUS CORNOS SINALAN O OESTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario