sábado, 6 de octubre de 2018

ROTEIRO CIRCULAR DE DONÓN



2ª ANDAINA DE SENDEIRISMO DO CURSO 2018-19


ROTEIRO CIRCULAR DE DONÓN

6 OUTUBRO 2018

14 KM APROXIMADAMENTE






A CARACOLA OBRA DO ESCULTOR DE CANGAS LITO PORTELA
O sendeiro deste sábado transcorreu polo concello de CANGAS DO MORRAZO.

A PENÍNSULA DO MORRAZO SEPARA DÚAS DAS RÍAS BAIXAS: A RÍA DE VIGO E A RÍA DE PONTEVEDRA.







ESTA PENÍNSULA (CASE UNHA ILLA) É COMPARTIDA POR 4 CONCELLOS:
NA RÍA DE VIGO: MOAÑA E CANGAS ; NA DE PONTEVEDRA:BUEU E MARÍN.




INICIAMOS A NOSA RUTA NA ALDEA DE DONÓN, PERTENCENTE Á PARROQUIA DE HÍO, NO SEU EXTREMO MÁIS OCCIDENTAL













































NESTA PEQUENA ALDEA DE POUCO MÁIS DE 170 HABITANTES, PUIDEMOS VER ALGÚNS EXEMPLARES DE CANASTROS OU HÓRREOS...




















APRENDEMOS O QUE ERAN OS TORNARRATOS E OS TORNAFORMIGAS, COMO SE PODE APRECIAR NA FOTOGRAFÍA QUE VEN A CONTINUACIÓN...


TORNARRATOS E TORNAFORMIGAS











DIRIXÍMONOS LOGO  CARA AS DUNAS OU COMPLEXO DUNAR DE NERGA-BARRA ONDE VIMOS DISTINTAS PLANTAS TÍPICAS DESTE ECOSISTEMA...




TAMÉN COÑECEMOS AS VIDES GALEGAS QUE ESTÁN MÁIS PRÓXIMAS AO MAR...







ESTRIPEIRO OU ESPINO ALBAR ACUGULADO DE FROITOS















O COMPLEXO DUNAR NERGA-BARRA







RABO DE LEBRE (LAGURUS OVATUS)




PAXARIÑOS ( LINARIA POLIGALIFOLIA)










ALELÍ DAS PRAIAS (MALCOMIA LITTOREA)





XESTA MANSA (OSYRIS ALBA) 



RAÍZ HAUSTORIAL OU HAUSTORIO CON ESTE ÓRGANO A XESTA MANSA PARASITA AS RAÍCES DOUTRAS PLANTAS COMO A CANA COMÚN, OUTRA PLANTA QUE EMPREGA ESTE MÉTODO DE PARASITAR E A CÚSCUTA OU BARBAS DE RAPOSO







FROITO DA XESTA MANSA, PLANTA QUE PARASITA A OUTRAS PLANTAS 
















RABO DE LEBRE (LAGURUS OVATUS)






















PAXARIÑOS





MONTE DO FACHO AO FONDO





AGAVE, PLANTA ORIXINARIA DE MÉXICO







TAMÉN COÑECEMOS ALGUNHAS DAS ÁRBORES DO NOSO BOSQUE CADUCIFOLIO, DAS NOSAS FRAGAS...

OS CARBALLOS E OS CASTIÑEIROS QUE AGORA MESMO ESTA´N CARGADIÑOS DE  FROITOS

SON OS FROITOS DE OUTONO: AS LANDRAS, AS CASTAÑAS...





FOLLAS DE CARBALLO






























CASTIÑEIRO COS SEUS OURIZOS





VIDES NAS DUNAS : AS VIDES MÁIS PRETO DO MAR QUE HAI EN GALICIA

















VIMOS UN OBRADOIRO DE ESQUIOS:LUGAR  ONDE OS ESQUÍOS DEIXAN OS RESTOS DAS PIÑAS LOGO DE COMERLLE OS PIÑÓNS....







OBRADORO OU COMEDEIRO DE ESQUÍO





















BARBAS DE FRADE E CETRELIA OLIVETORUM, SON OS LIQUES QUE PUIDEMOS OLLAR CUBRINDO OS PIÑEIROS DAS DUNAS                                                                                                                                                       





CEBOLA DAS GAIVOTAS (PANCRATIUM MARITIMUM)















ECOSISTEMA DUNAR COS PIÑEIROS MARÍTIMOS (PINUS PINASTER)



































ROSEIRA SILVESTRE, FROITOS, (ROSA CANINA)

ROSEIRA SILVESTRE



















ENTRE OS PIÑEIROS DAS DUNAS VIMOS ALGÚNS GRANDES NIÑOS QUE BEN PUIDERAN PERTENCER A ALGUNHA DESTAS AVES:


NIÑO DE PEGA (PICA PICA)




NIÑO DE CORVO (CORVUS CORAX)




NIÑO DE POMBO   (EN CASTELÁN:PALOMA TORCAZ ,COLUMBA PALUMBUS)






CHEGANDO AO AREAL DE BARRA












PUIDEMOS  VER TAMÉN AS EIRUGAS BRITHYS CRINI QUE SE ALIMENTAN DA CEBOLA DAS GAIVOTAS...








BRITHYS CRINI





BOLBORETA DA EIRUGA BRITHYS CRINI





MALCOMIA LITTOREA OU ALELÍ MARIÑO







FLOR DA CEBOLA DAS GAIVOTAS




CEBOLA DAS GAIVOTAS (PANCRATIUM MARITIMUM)






















E POR FIN, UN DESCANSIÑO NA PRAIA DE BARRA ANTES DE COMEZAR O ASCENSO CARA AO PRIMEIRO DOS FAROS....



























PRAIAS DE NERGA, VIÑÓ E BARRA






















ANTES DE CHEGAR AO FARO DE PUNTA SUBRIDO FOMOS VISISTAR AS RUÍNAS DUNHA ANTIGA FÁBRICA DE SALGADURA....































NA RECONSTRUCCIÓN QUE TES NAS SEGUINTES FOTOS PODES VER COMO ERA O PROCESO DE SALAZÓN DAS SARDIÑAS EN FACTORÍA QUE INTRODUCIRON OS FOMENTADORES CATALÁNS NO SÉCULO XVIII NAS RÍAS BAIXAS GALEGAS...




























































SE QUERES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE SALGADURA PODES VELO NO BLOG DE NATURAIS....






















FARO DE CABO SUBRIDO





























OUTRO DOS FROITOS DE OUTONO O ABRUÑEIRO (ENDRINO EN CASTELÁN , PRUNUS SPINOSA)




CO FROTO DO ABRUÑEIRO ELABÓRASE O "PATXARÁN" OU LICOR DE ABRUÑOS




PRAIA DE MELIDE








FARO DE PUNTA ROBALEIRA, CHAMADO ASÍ POLA ABUNDANCIA DE ROBALOS OU ROBALIZAS (EN CASTELÁN LUBINAS)






























FARO DE CABO HOME







CANTÍS DA COSTA DA VELA OU SOAVELA  EN REFERENCIA Á VELA OU VIXIANCIA QUE SE FACÍA DENDE O MONTE DO FACHO ONDE SE PRENDÍAN FOGUEIRAS "FACHOS" PARA ADVERTIR DA PRESENCIA OU CHEGADA DE PIRATAS, NORMANDOS, INGLESES OU TURCOS COMO NO  CASO QUE SUCEDEU EN 1617....








FIUNCHO OU PIRIXEL DE  MAR, COMIANNO NA ANTIGÜIDADE OS MARIÑEIROS PARA SUPLIR A FALTA DE VITAMINA C , XA QUE É MOI RICO NESTA VITAMINA E, ASÍ EVITABAN COLLER ENFERMIDADES COMO O ESCORBUTO CAUSADA POLA CARENCIA DESTA VITAMINA.


A FIESTRA DO FARO DE PUNTA ROBALEIRA CUN FIUNCHO MARINO QUE ENRAIZOU NELA...















E POLO CAMIÑO ATOPÁMONOS CON ALGUNHAS SORPRESAS.....




CHICHARRA DAS VIDES (EPHIPPIGER EPHIPPIGER) O QUE PARECE UN AGUILLÓN E O ÓRGANO QUE EMPREGAN AS FEMIAS PARA DEPOSITAR OS OVOS










FEMIA DA CHICHARRA DAS VIDES CUN ESPERMATÓFORO
























CHICHARRA DAS VIDES








BUGALLO OU COCA PRODUCIDO POR UNHA AVISPA CANDO INXECTA OS SEUS OVOS NOS GROMOS DOS CARBALLOS, NON SON FROITOS !!!!!



LANDRAS: ESTE SI É O FROTO DO CARBALLO




INTERIOR DUN BUGALLO COAS LARVAS DO INSECTO

ANDRICUS KOLLARI É O NOME DA AVISPA QUE DEPOSITA OS OVOS NO CARBALLO E OBRIGA A ESTE A PRODUCIR O BUGALLO
















SEMENTES DE PIÑEIRO : PIÑÓN. EMPREGAN AS ÁS PARA ESPAREXERSE














TAMÉN APRENDEMOS A DIFERENCIAR OS FROTOS DOS CARBALLOS :AS LANDRAS DOS BUGALLOS OU COCAS QUE É COMO SE PROTEXEN ESTAS ÁRBORES CANDO UNHA AVISPA OU OUTROS INSECTOS LLE INXECTAN OS SEUS OVOS....





























XA ESTAMOS FINALIZANDO A NOSA ANDAINA, CANSOS...PERO AÍNDA NOS QUEDA VISITAR O MONTE DO FACHO ONDE IMOS VER IMPORTANTES VESTIXIOS DA NOSA HISTORIA :


  • UN POBOADO CASTREXO
  • UN SANTUARIO ADICADO AO DEUS BEROBREO AO QUE LLE ADICABAN ARAS PARA QUE LLES PROCURASE UNHA BOA SAÚDE
  • E UNHA GARITA DE VIXIANCIA DO SÉCULO XVII















MONTE DO FACHO















ARAS COA INSCRIPCIÓN "DEO LARI BEROBREO PRO SALUTEM" (ADICADA AO DEUS LAR BEROBREO PARA QUE MELLORE A SAÚDE")












CAMIÑO NTRADICIONAL EMPEDRADO. NEL PÓDENSE APRECIAR AS RODEIRAS DOS CARROS












GARITA DE VIXILANCIA DE" VELA" DO S.XVII ; DO FEITO DE VELAR, E DICIR DE VIXIAR, E DE ONDE LLE VEN O NOME A ESTA COSTA DA VELA OU DE SOAVELA : BAIXO  A VIXILANCIA







COSTA DA VELA OU SOAVELA : CANTÍS






























































































ALVÉOLOS PRODUCIDOS POLA EROSIÓN NAS ROCHAS GRANÍTICAS






 APRENDEMOS A CALCULAR DISTANCIAS COA ESCALA DO MAPA E A ORIENTARNOS UN POUQUIÑO....COA AXUDA DO COMPÁS...






























OUTRA DAS SORPRESAS QUE NOS GARDABA O CAMIÑO FOI A DUNHA DESBOCADA CABUXIÑA QUE BAIXOU ÁS CARREIRAS E A ALGÚN NOS DEU UN BO SUSTO....
















COMO NON PUIDEMOS VER O ESPECTACULAR SOLPOR POIS MARCHAMOS ANTES , TEREMOS QUE CONTENTARNOS CON ESTA FOTOGRAFÍA