viernes, 21 de enero de 2011

PROXECTO DE SENDEIRISMO DO COLEXIO ATLÁNTIDA








A actividade de sendeirismo iniciouse no  Colexio Atlántida no curso 2006-07, e está pensada para alumn@s do 3º ciclo de E.Primaria e alumn@s de E.S.O.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE :
  • Promover a capacidade de observación, interpretación e conservación dos medios natural e cultural .
  • Facilitar o aproveitamento dos espacios naturais e o patrimonio histórico e etnográfico como recursos didácticos.
  • Potenciar unha actitude responsable implicada na protección dos recursos naturais.
  • Fomentar unha conciencia crítica, solidaria e positiva cara a solución de problemas medioambientais  e comprender de que xeito afecta o ser humano e maila súa actividade á degradación do medioambiente.
  • Estimular a capacidade de traballo en grupo, a tolerancia, o respecto á diversidade, e á cooperación, aprendendo a compatibilizar os intereses persoais cos obxectivos do grupo.
  • Coñecer diferentes formas de orientarse na natureza, con medios naturais e con medios mecánicos e tecnolóxicos.
  • Respectar e coñecer o noso patrimonio natural : montes , parques naturais e nacionais, ríos, fauna, flora ... ; os conxuntos etnográficos : muíños, pontes, pontellas, hórreos, petos, ... ; patrimonio histórico : mámoas, castros , petroglifos, romanización,restos medievais ... ; humidais, dunas e todo tipo de ecosistemas.
  • Valorar a actividade física na natureza como unha opción fronte ás actividades pasivas (ver TV, videoxogos, ordenador...).

SENDEIROS FEITOS  DENDE  O CURSO 2006-07

  • Sendeiro litoral Bouzas - Samil
  • O Castro de Vigo
  • Sendeiro do Lagares: De Balaidos a Samil
  • Sendeiro do Lagares : De Castrelos a Avda. Madrid
  • S. Litoral Cangas -Liméns
  • Liméns-Cabo Home-Facho de Donón
  • Parque  de Castrelos , Museo arqueolóxico
  • S. Río Eifonso
  • S. Río da Fraga (Moaña)
  • Sendeiros da Illas Cíes
  • S. Penedo de Cans á Faro Budiño
  • Couso San Cibrán Faro Budiño
  • S. Monte Alba. Chandebrito
  • S. Saians a Fragoselo (Coruxo)
  • S.P.F. do Galiñeiro ao encoro de Zamáns
  • Galiñeiro-Arruídos-Petroglifos de Auga da Laxe 
  • S. Fluvial do Balneario de Mondariz aos Pasos de Tatín
  • As Fragas do Eume
  • Sendeiros da Illa de Ons
  • Illa de Sálvora-A Lanzada (2012-13)
  • Muíños de Folón e Picón-Ermida San Martiño (2012-13)
  • Couso-San Cibrán-Faro Budiño-Penedo de Cans (2012-13)
  • Mº de Armenteira-Ruta da Pedra e da auga,Barrantes (2012-13)
  • Illa de Cortegada-Carril-Vilagarcía (2013-14)
  • Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (2014-115)
  • Cumes do Galiñeiro: Galiñeiro Norte, Galiñeiro Sur (2014-15)
  • Arcada,Illa de San Simón, Museo Meirande(Museo da Batalla de Rande(2014-15)
  • P.R.G.-2 Do Galiñeiro ao Aloia  (2015-16)

No hay comentarios:

Publicar un comentario