miércoles, 23 de febrero de 2011

SENDEIRO POLA SERRA DO GALIÑEIRO.CUME DO MONTE ARRUÍDOS Sábado 26 febreiro 2011







A serra do Galiñeiro exténdese ao longo de 8 Km en dirección sur, cara a Tui.As súas máximas alturas rondan ou pasan os 700 m e son : Galiñeiro Norte, Galiñeiro Sur e Arruídos ou Caldeirón ou Lombo da Raposa que é como se coñece o monte ao que imos ascender nesta ocasión, e o monte Aloia en Tui (629 m)



A serra remata en terras de Tui , cando chega ao monte Aloia. Ao longo da serra podemos atopar restos prehistóricos : restos dun poboado castrexo, mámoas, petroglifos de armas e un muíños excavados na rocha que nos dan idea da actividade agrícola e gandeira dos habitantes da prehistoria da zona.



Pola ruta ímonos atopar cun refuxio de Montañeiros Celtas e unha zona que serve como escola para a aprendizaxe da escalada.
Entre as rochas destacan os afloramentos de granito e o gneis riebeckita.
Podremos observar que a serra segue a ser lugar de pastoreo de vacas, cabras, cabalos que parece ser continuidade das actividades dos homes do neolítico.

TIPOLOXÍA DOS PETROGLIFOS GALEGOS
En canto á vexetación, é de destacar o mato tipico galego : breixos, toxos, xestas , carqueixa, etc.



MONTE ARRUÍDOS, CALDEIRÓN OU LOMBO DO  RAPOSO


Dende calquera dos cumes podemos ter boas vistas das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Illas Cíes,Ons , Sálvora, etc.
Podes ver este video de Xoán Arcodavella sobre petroglifos :



E podes ver estoutro para que te fagas unha idea sobre como eran as mámoas:





FOTOGRAFÍAS DO SENDEIRO:



MUÍÑOS NAVICULARES


ESCUTIFORME


PETROGLIFO DE ARMAS DE AUGA DA LAXE (VINCIOS)



BUSCANDO OS PETROGLIFOS
























DESCANSANDO ANTES DE CHEGAR AO CUME DO ARRUÍDOS





CUME DO MONTE ARRUÍDOS (700 m)


A mestra Mati co  ultimo berro en moda de "Montaña"...
















ACADANDO PUNTOS









APRENDENDO A ORIENTARSE











































No hay comentarios:

Publicar un comentario