martes, 1 de febrero de 2011

O MAPA TOPOGRÁFICO (1)

En sendeirismo sóense empregar os mapas topográficos. Estes mapas representan o relevo con precisión, mediante as curvas de nivel (isohipsas), pero tamén nos ofrecen outras informacións moi útiles.
Mediante estas curvas de nivel podémos facernos unha idea moi aproximada de como é o relevo que representa o mapa, descubrir os principais accidentes xeográficos e coñecer con moito detalle como son as pendentes e así saber cal é o camiño máis doado a seguir nunha determinada ruta.
Nas fig.1 e 2 podes observar que as dúas pertencen ao mesmo lugar, a fig.1 é un mapa topográfico e a fig.2 e unha fotografía da mesma zona (trátase da Serra de Gredos, no sistema Central).


FIG.1 MAPA TOPOGGÁFICO DA Sª DE GREDOS
É bastante fácil recoñecer na fotografía os accidentes xeográficos (Cumes, collados, ...) que aparecen numerados no mapa:
  1. Pico Almanzor
  2. Portilla Bermeja
  3. Canal
  4. Crista
  5. Risco dos Cachorros
  6. Cuchillar de las Navajas
  7. Crista
  8. Portilla de los Machos
  9. Peñón del Casquerazo
  10. Vaguada nacemento da garganta de Chilla
  11. Portilla de Covos
  12. Riscos del Francés
Trata de localizar no mapa e na fotografía todos estes accidentes xeográficos para ir familiarizándote cos mapas topográficos. Máis adiante iremos vendo, pouco a pouco, como aparecen representados no mapa topográfico.

FOTOGRAFÍA DA MESMA ÁREA DA SERRA DE GREDOS
Amplia o mapa facendo clic sobre el e trata de ver como están representados no mapa todos os números. Logo compáraos cos da fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario