martes, 1 de febrero de 2011

O MAPA TOPOGRÁFICO (2)

En calquera mapa topográfico podes observar unha serie de palabras, signos, cifras, etc. que debes ir coñecendo para saber interpretalo axeitadamente cando saias a facer un sendeiro, ou teñas que subir a unha montaña...
Imos comezar polos principais e máis útiles :

1.-AS CURVAS DE NIVEL (Isohipsas; iso:igual, hipso: altura) :
Son liñas imaxinarias que unen puntos que teñen a mesma altitude sobre o nivel do mar (cota).
Representan con precisión o relevo do terreo.
Hainas de dúas categorías :
  1. Curvas de nivel mestras : son as que teñen un trazo moito máis groso e levan escrita a altitude. Fíxate na fig. 1. Nos mapas de escala 1/25.000 e 1/50.000 cada unha destas curvas mestras sinalan variacións de 100 en 100 metros.
  2. Curvas de nivel auxiliares ou secundarias : sinalan variaciones de 10 en 10 m nos mapas a escala 1/25.000 e de 20 en 20 m nos de escala 1/50.000. Son as liñas que van en medio de cada dúas liñas mestras.

CURVAS DE NIVEL MESTRAS E AUXILIARES

Cando as liñas de nivel van moi xuntas indican que as pendentes son moi pronunciadas.
Cando van moi separadas indican chairas ou pouca pendente.


Nalgúns mapas a altitude aparece representada mediante cores : Verde (vales e chairas), amarelo (mesetas ou pequenas elvacións), marrón claro (montalñas de pouca altitude ), marróns máis escuros para picos máis elevados...


2.-A Proxección U.T.M. : (Universal Transversal Mercator)

Gerardus Mercator foi un cartógrafo holandés do s. XVI que fixo un mapamundi que debuxou utilizando a proxección cilindrica deseñada por el e que é a máis empregada na actualidade.

A proxección  consiste en envolver a terra nun cilindro e debuxar nel a súa superficie.
 Imaxina que nun globo terrestre unha luz dende o seu interior proxectase sobre ese cilindro o contorno dos continentes e logo os debuxáramos nel. O cortar ese cilindro obteríamos un mapamundi rectangular. Observa a Fig.2 :


PROXECCIÓN MERCATOR



3.-A DECLINACIÓN MAGNÉTICA:

A agulla do compás sinala o Polo Norte Magnético (lembrade o que expliquei no capítulo de orientación de RUMBO e ACIMUT) . Este P.N.Magnético  non coincide co Polo Norte Xeográfico que é o punto por onde pasa o eixo da terra.
O ángulo que forman entrambos é o que se coñece por DECLINACIÓN MAGNÉTICA :



DECLINACIÓN MAGNÉTICA
Esto quere dicir que o lugar cara ó que sinala o compás non é o mesmo Norte que aparece nos mapas (Norte xeográfico).
Para corrixir esta diferencia unha vez tomado o rumbo coa axuda do mapa e do compás só hai que restar ou sumar o valor que aparece no mapa topográfico.
En España , o Norte Magnético oscila entre 4º ou 5º ó oeste do Norte xeográfico; un erro dun grao desviaríanos 90 m do noso obxectivo cada 5 Km . En excursións de sendeirismo estes erros son tan pequenos que non merece a pena calculalas.

LEMBRA :

DECLINACIÓN ORIENTAL(LESTE) NO COMPAS DEBES RESTAR
DECLINACIÓN OCCIDENTAL(OESTE) NO COMPÁS DEBES SUMAR.


DECLINACIÓN MAGNÉTICA

4.- A ESCALA:

 As escalas máis empregadas nos mapas topográficos soen ser 1/25.000 e 1/50.000.
No mapa da ilustración anterior como podes ver é de 1/25.000 ou 1:25.000 o que quere dicir que cada cm que midas no mapa son 25.000 cm reais na superficie da terra, e se o pasas a metros serían 250 m.
Se te fixas o mapa está dividido en cadrados que miden de lado 4cm, polo tanto cada 4cm serán 4 x 250m = 1.000 m , ou o que é o mesmo 1Km

5.- VÉRTICES XEODÉXICOS :

Para elaborar un mapa é necesario que o territorio que se quere representar dispoña dunha REDE XEODÉSICA : QUE É UN CONXUNTO DE PUNTOS EXACTAMENTE LOCALIZADOS E SITUADOS A TRAMOS REGULARES


VÉRTICE XEODÉSICO NO GALIÑEIRO

VÉRTICE XEODÉSICO DO MTE. CEPUDO
Na fotografías anteriores podes ver os vértices xeodésicos que hai no monte Galiñeiro, cando fixestes o sendeiro do Mte. Alba tamén puideches ver o que hai no Mte. Cepudo.
Estes vertices soen estar sinalizados con cilindros de formigón.
A Rede xeodésica española está composta de 12.600 v. xeodésicos repartidos por todo o territorio e a unha equidistancia de 10 Km.
Os de primeira orde están respresentados no mapa por dous triángulos circunscritos cun punto no seu centro, como os da seguintr imaxe :


REPRESENTACIÓN DUN VÉRTICE XEODÉSICO DE PRIMEIRA ORDE
Os vertices xeodésicos de ordes inferiores aparecen representados con triángulos de menor tamaño.

Un pouco de historia :

A Rede xeodésica española comezouse a facer no ano 1852 pola Comisión do Mapa de España e estaba formada por tres ordes  ou categorías.
Tardouse case un século en facerse.
Arredor de 1970 o Instituto Xeográfico Nacional comezou de novo a reconstruir a Rede que desaparecera durante a Guerra Civil Española e polo desenvolvemento urbano. Este proxecto iniciouse en 1980 e rematouse en 1992.
Na base destes vertices soe estar escrita a frase :"a destrucción deste vértice está penada pola lei" ou algo similar.


VÉRTICE XEODÉSICO DO MTE. CEPUDO

6.-SIGNOS CONVENCIONAIS :

En todos estes mapas aparecen moitos signos que representan elementos non topográficos pero que teñen gran importancia : estradas, vías do ferrocarril, construccións, vilas, pobos, ríos, etc.,como os que aparecen no nº 6 da primeira ilustración, ou os que aparecen na seguinte:

ALGÚNS SIGNOS CONVENCIONAIS
7.-RECOLLEITA DE DATOS:

No borde inferior do mapa aparecen : ano en que foi editado o mapa, con que tecnoloxía foi elaaborado, a data en que se recolleu a información que contén :





8.-COORDENADAS XEOGRÁFICAS :

Os números que aparecen nos laterais do mapa son  as coordenadas xeográficas representadas en graos, minutos e segundos.
Os números que aparecen na vertical corresponden á LATITUDE (as liñas son os meridianos),
Os que aparecen na horizontal e a LONXITUDE (as liñas son os paralelos).

Cada grao de latitude equivale a 113,3 Km  e cada grao de lonxitude equivale a 111,11 Km, esta diferencia débese a que a Terra é unha esfera, pero está achatada polos Polos.


LATITUDE 40º10´4´´;LONXITUDE 5º21´ 10´´

LEMBRA :

Se dividimos  40.070Km : 360º = 111,11 Km (é a medida de 1º).

Se dividimos 111.11 : 60´ = 1.852 m (é a medida dun minuto) o que coñecemos por
 MILLA MARIÑA.

O Meridiano de Greenwich e o Ecuador  sinalan os 0º de latitude e lonxitude.
Tamén aparecen outros numeros en cor azul que corresponden á cadrícula  quilométrica de acordo á proxección U.T.M.

9.- SITUACIÓN NO MAPA TOPOGRÁFICO :

O Mapa topográfico Nacional está formado por 1.108 follas de escala 1/50.000.
Cada unha destas follas está dividida a súa vez en 4 follas de escala 1/25.000.
O  mapa que aparece representado aquí  é o plano IV da folla 557 do Mapa topográfico nacional. Os dous números inferiores son a columna e a  fila dunha cadrícula que abarca todo o territorio nacional. Todas as follas reciben tamén o nome dunha poboación (Neste caso "EL RASO")



FOLLA 577 , PLANO  IV







No hay comentarios:

Publicar un comentario