jueves, 27 de enero de 2011

O USO DO COMPÁS E DO MAPA TOPOGRÁFICO

Para empregar cun mapa topográfico o mellor compás é o de base transparente :


COMPÁS DE BASE TRANSPARENTE
pois che permitirá ver o mapa cando o poñas sobre el. Este compás está dividido en 360º que nos dá as distintas direccións :
  • NORTE : 0º ou 360º
  • LESTE : 90º
  • SUR : 180º
  • OESTE : 270º
Cómpre que aprendas ben os nomes das distisntas partes do COMPÁS ou AGULLA DE MAREAR, fíxate na figura:

PARTES DUN COMPÁS
 

A cápsula que contén a agulla imantada chámase LIMBO e está dividida en 360º. Tamén leva unha regra en cm para que podas calcular distancias coa axuda da escala,as outras regretas que contén son ESCALÍMETROS.
Os números que aparecen no limbo serven para tomar RUMBOS.
Os  CIRCULOS E TRIANGULOS serven no deporte chamado Carreiras de orientación para marcar a saída e os puntos de control.
A LUPA serve para ver os detalles máis pequenos do mapa.

UTILIZACIÓN DO COMPÁS E O MAPA:

1º Coloca o lado longo do compás sobre o mapa entre o punto de partida e o destino, coas frechas de dirección da placa base apuntando cara a dirección da marcha (Fig.1) :




2º Xira o limbo ata que as liñas norte-sur sexan paralelas aos meridianos norte-sur do mapa topográfico e o norte do limbo apunte cara o norte do mapa. (Fig.2)

3º Mantendo o compás horizontalmente nivelado na man e fronte a ti, xira sobre ti mesmo ata que a punta bermella da agulla apunte cara ao norte do limbo. A frecha de dirección da placa base apuntará cara a dirección correcta da marcha ou  AZIMUT. Escolle un punto de referencia (unha árbore, unha rocha...) no terreo na dirección da marcha. Ó chegares ao punto de referencia terás que repetir o proceso (Fig.3)

 LEMBRA :

Rumbo é a representación do horizonte mediante un círculo chamado ROSA NÁUTICA ou ROSA DOS VENTOS , DIVIDIDA EN 22 DIRECCIÓNS OU VENTOS.

ROSA NÁUTICA OU ROSA DOS VENTOS

Os catro puntos cardinais : N, S, E e O dividen a Rosa dos ventos en 4 cadrantes.
O AZIMUT  é o angulo que forma unha dirección ou rumbo co norte.Como xa che expliquei antes, un AZIMUT DE 90º SERÍA O LESTE, DE 180º SERÍA O SUR , DE 270º O OESTE e de 0ºou 360º o NORTE.

Fíxate no exemplo practico dende o cume do Galiñeiro temos diferentes azimuts e diferentes rumbos dependendo cara a onde miremos :


ROSA DOS VENTOS DENDE O CUME DO GALIÑEIRO

SITUACIÓN DO GALIÑEIRO
Trata, como se de un exercicio se tratara, de averiguar os distintos AZIMUTS para dirixirte dende o GALIÑÑEIRO A :
  • As Gandaras de Budiño :
  • Moaña :
  • Baiona :
  • Cíes :
  • Monte Galleiro :
  • Encoro de Zamáns :
  • Río Miño:
  • Cangas :
Se tes as respostas envíamas nun comentario. Se non tes compás pódeste axudar dun transportador de ángulos.
  • RUMBO : é o ángulo formado entre unha dirección calquera e o norte magnético.
  • ACIMUT : é o ángulo formado entre unha dirección calquera e o norte xeográfico.(Tamén se coñece polo nome de RUMBO XEOGRÁFICO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario