jueves, 27 de enero de 2011

CONSELLOS PARA @S SENDEIRISTAS

ANTES DE COMEZAR A ANDAR...
  1. Debes programar con antelación as túas saídas, informarte de todos os lugares e curiosidades : monumentos, restos arqueolóxicos, fauna e flora, lugares de interese...dese xeito aproveitarás e disfrutarás máis da túa excursión.
  2. O horario do sendeiro debe ser calculado de xeito que che sobre tempo porque calquera despiste , cousa que soe ser frecuente, pode facer que se che bote a noite no camiño ou en zonas pouco habitadas e pode facerche pasar por unha mala experiencia.
  3. O calzado é moi importante á hora de botarse a andar polo monte : unhas botas lixeiras e de material impermeable (tipo gore-tex) evitarán molladuras, pois moitos dos sitios polos que imos pasar estarán enchoupados. Para treitos pequenos e doados bastará cunhas cómodas zapatillas deportivas. NUNCA LEVES CALZADO NOVO.
  4. Na mochila debes levar, dependendo da época do ano : chuvasqueiro, paraugas pequeno, roupa de abrigo, crema solar, gorra, botella de auga ou cantimplora, algo de comer e petiscar (froitos secos, non "chuches"), prismáticos, cámara de fotos, móbil (teléfono de emerxencias : 112)e un tubo "after bite" para as picaduras dos insectos e panos de papel.
  5. Debes beber a miúdo, sobre todo no verán, aínda que non teñas sede e pica algo de cando en cando, é mellor camiñar máis pola mañá e tomar un tentempé a media mañá, e que quede pouca ruta para despois de xantar  pois co estómago cheo faise máis pesado camiñar. Fai de cando en cando pequenos descansos pero curtos (5 ou 10 min.) para non enfriarte.
  6. Non vaias só ao monte, nunca se sabe o que che pode pasar, e en caso de que o fagas avisa sempre a alguén da ruta que tes pensado facer.O móbil coa batería ben cargada é unha boa axuda, recorda como apuntei máis enriba o teléfono de emerxencias 112.
  7. Respecta a natureza e que do teu paso só queden as túas pegadas : non arinques plantas. Do monte lévate só as fotos que fagas.Non debes prender lume xa que podes provocar un incendio.
  8. Non botes xabón ou calquera producto contaminante nas fontes ou cursos de auga pois outras persoas ou animais poden verse prexudicados.
  9. Non enterres nin tires lixo, lévate os restos contigo nunha bolsa para os desperdicios, cando chegues a un contedor podes deixalos.
  10. Ás veces podes atoparte con cancelas no medio dalgúns camiños que soen ser para que o gando que está ceibe polo monte non fuxa. Sempre que abras unha destas cancelas para pasar volve a pechala como estaba.
  11. Fai algúns exercicios de estiramento antes de iniciar o sendeiro.
  12. O sendeirismo non é unha competición : camiña a modo disfrutando da natureza e das paisaxes. Recorda que a velocidade dunha persoa camiñando a modiño ou subindo soe ser duns 3 Km/h e indo a bo paso, sen correr, duns 4 Km/h
  13. Saber usar o compás e o mapa topográfico pode axudarche moito.
    
  14. O coñecemento do uso do compas e do mapa topográfico ou go GPS pode ser unha gran axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario