lunes, 24 de enero de 2011

APRENDER A ORIENTARSE

A)POLO MOVEMENTO APARENTE DO SOL
       
    Fig.1
  1. O sol sae polo leste e ponse polo oeste (sobre todo nos equinocios)
  2. Ó mediodía  (12 horas) se miramos cara ó sol nos indicará a dirección SUR, ás nosas costas teremos o NORTE , á nosa esquerda estará o LESTE , e á dereita o OESTE (Fíxate na Fig 1)
  3. A ESTRELA POLAR : Non é a máis brillante como pensa moita xente, pero sempre sinala o NORTE; podes localizala prolongando 5 veces a distancia entre as dúas estrelas da Osa Maior que no debuxo aparece coa letra A ou ben localizando a constelación de Casiopea tamén como se indica no debuxo (Fig. 1) 
 

METODO DAS AGULLAS DO RELOXO : Aliñando a agulla das horas(agulla pequena) co sol.    A bisectriz do ángulo que forma a dirección das doce e esta agulla pequena (Recorda que a bisectriz é a liña que divide o angulo en dúas metades iguais) tamén sinala o SUR (Fig. 2).
Fig. 2
 B) OUTROS XEITOS DE ORIENTARSE :

   5. A LÚA SINALA O SUR :
  • Ás 12 da noite cando é lúa chea.
  • Ás 6 da madrugada cando é Minguante.
  • Ás 6 da tarde cando é crecente.
  • RECORDA : "A LÚA MINTE"  ( É Crecente cando ten forma de D, é minguante cando ten forma de C .)
  • FÍXATE NA Fig.3 , Cando a lúa está na fase MINGUANTE SINALA :
           O NORTE ás 18 horas.
           O LESTE ás 24 horas
           O SUR as 16 horas

Fig.3



 6.INDICIOS NATURAIS : 

  • Nos tocóns das árbores (troncos das árbores que foron talados) :  os aneis están máis grandes na parte que sinala ó SUR.
  • A cara NORTE DAS ROCHAS E DAS ÁRBORES  acumulan máis musgo que a cara sur que é máis soleada.
  • A neve desaparece antes nas ladeiras da montaña orientadas ó SUR.
  • Nos seus movementos migratorios  as aves diríxense cara o  SUR en outono e cara ó NORTE en primavera.
  • Fig.4
  • As formigas poñen a entrada dos seus formigueiros cara ó SUR. 


Fig. 5


7.No HEMISFERIO SUR : utilizan unha constelación que se chama a CRUZ DO SUR en lugar da estrela POLAR (Fíxate na Fig. 5)

E LEMBRA : OS INDICIOS NATURAIS MOITAS VECES NON SON FIABLES POIS MOITOS MICROCLIMAS FAN ÁS VECES QUE NON SE CUMPLAN.

Se queres saber máis sobre as constelacións ve o seguinte video :

No hay comentarios:

Publicar un comentario