martes, 20 de septiembre de 2011

CURSO 20011-12 : SENDEIRISMO POLAS ILLAS CÍES

 
 
 
 
 



PLINIO E PTOLOMEO CHAMARON A ESTAS ILLAS "INSULAE DEORUM"
(Illas dos Deuses)
"Conta unha lenda que todas as noites de treboada vese afundir un barco pirata en Punta Cabalo de Cíes"

Conta outra antiga lenda que, cando Deus rematou de crear o mundo , sentou no monte Santa Tegra e  apoiou a man no chan, quedando as pegadas dos seus dedos marcadas na costa galega, logo o mar entrou nelas e formáronse as rías galegas. Logo, Deus sacudiu a mán que tiña chea de lama e, dos montonciños de terra que caíron naceron as illas galegas ...

1º SENDEIRO : SÁBADO 1 OUTUBRO 2011
SAÍDA ÁS 9 DA MAÑÁ DO COLEXIO
CHEGADA: NO BARCO DAS 19 HORAS DENDE CÍES.

O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA




As Illas Atlánticas foron declaradas parque nacional no ano 2002. É o primeiro parque nacional galego. O parque das Illas Atlánticas é unha das mellores representacións das costas do Atlántico xa que conta con hábitats peculiares e únicos que posúen unha flora e unha fauna exclusivos así como formacións xeomorfolóxicas (rochosas) de especial beleza.


ITINERARIO DESTE SENDEIRO

LOCALIZACIÓN:
A RÍA DE VIGO
As illas Cíes están situadas á entrada da ría de Vigo. A ría de Vigo formouse debido á oscilación do leito do río Verdugo. Este brazo de mar que constitúe a ría e que vai en dirección  oeste-noreste ten case 28 km de lonxitude e vaise estreitando a medida que nos achegamos ao estreito de Rande e a enseada de san Simón (onde están as illas de san Simón e San Antón).
A profundidade da ría é moi variable e vai dende os 64 m, na entrada sur ao norte de cabo Silleiro (Baiona). Na parte central da ría hai unha media de 40 m e, pasando o estreito de Rande a profundidade diminúe rondando entre os 5-10 m .
No relevo costeiro aprécianse fortes desniveis con vilas densamente poboadas , na parte norte da ría: Cangas e Moaña; na parte sur da ría Baiona, á entrada e Vigo na parte central e na enseada de San Simón: Redondela e Arcade.
Entre os cume máis altos da ría destacan Faro Domaio (720 m ) e a Serra do Galiñeiro (700 m).

AS ILLAS CÍES

En 1980 foran xa declaradas Parque Natural. Forman o arquipélago de maior superficie do Parque Nacional, con 2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres. O arquipélago está constituído por 3 illas que se atopan na entrada da ría en dirección N-S que se chaman Illa de Monteagudo (I.Norte), Illa do Faro e Illa de San Martiño (I.Sur).
A Illa de Monteagudo e a do Faro están unidas entre si pola praia de Rodas (praia-barreira , que xurdiu polo crecemento dunha frecha litoral que acabou por unir dúas das illas) e por unha escolleira artificial que permite o paso dunha á outra illa.
 Ademáis das 3 illas principais existen pequenos illotes como os de Agoeiro ou Boeiro (a 1.300 m da illa Sur), o illote dos Viños, a 100 m cara ó sur da praia de Rodas e o Ruzo a uns 1.00 m ao NO do Faro.
A distancia dende Vigo ás Illas é duns 14,5 km .
No relevo das illas é de destacar na vertente que dá a mar aberto (oeste) a existencia de cantís verticais moi sometidos á erosión do vento e do mar e tamén a furnas (Covas erosionadas polo mar nos cantís).


FURNA NAS ILLAS CÍES

Pola contra cara a ría (leste) da lugar a pendentes suaves, areais e dunas. É nesta vertente onde se atopan as construccións humanas tanto antigas como novas, pois está moito máis protexida que a outra vertente.
As illa apenas contan con regatos que mesmo no verán chegar a secarse.
Os cumes máis altos das Illas son :
Alto das Cíes (197 m), Monte Agudo (172 m ), os dous na illa de Monteagudo; Monte do Faro (175 m), na illa do Faro e Monte Pereira (179 m) na illa de San Martiño.

CLIMA :

As escasas precipitacións anuais ( chove case a metade do que chove en Vigo) e a notable seca estival( no verán) dá lugar a unhas condicións climáticas case equiparables ás do clima mediterráneo.

XEOLOXÍA E XEOMORFOLOXÍA

A rocha predominante nas illas é o granito de dúas micas, formado por cuarzo, feldespato, mica moscovita e mica biotita...
As illas Cíes teñen a súa orixe, basicamente, nos movementos tectónicos (elevación e afundimento dos bloques) movementos que van unidos á formación das rías e que tiveron lugar nas eras terciaria e cuaternaria.
Nas illas tamén é moi frecuente o modelado das rochas polo vento e as areas como ocorre na Pedra da Campá.

PEDRA DA CAMPÁ

A VEXETACIÓN :

Nas Cíes podemos atoparnos con varios ecosistemas :












  1. AS DUNAS : nesta zona as plantas atópanse con diferentes problemas: fortes ventos, falta de retención de auga, forte evaporación e forte salinidade polo que as plantas adáptanse a este medio de diferentes formas, como pode ser : reducción de follas, desenvolvemento do sistema de raíces, predominio de cores grises e abrancuzadas para captar menos luz... Destacan entre as plantas deste ecosistema : o feo de praia, cardo mariño, tomiño bravo, cebola das gaivotas, a camariña, ...
  2.  O MEDIO FORESTAL: Podemos atopar, xa no interior : xilbarbeira, fentos, silvas, toxos, abrótegas, cuscuta, trovisco, carpazas e abruñeiros... Xa en zonas arboradas hai repoboacións de eucalipto, acacia e piñeiro bravo levadas a cabo a mediados do s. XX, e que desprazaron a árbores autóctonas como o cerquiño (Quercus pyrenaica) dos que quedan algúns exemplares illados. Actualmente estanse a facer algunhas repoboacións con especies autóctonas como o carballo( Quercus robur),  o érbedo ( Arbustus unedo), Sobreiras( Quercus suber), amieiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinerea),... É curioso observar o fenómeno denominado ANEMOMORFISMO,é dicir, árbores nas que as súas copas están orientadas na dirección dos ventos dominantes das illas.
  3. A LAGOA : é un medio moi selectivo debido á grande concentración de sales. Aparecen dúas especies de plantas mariñas : a zostera mariña, nas zonas que están sempre mergulladas e a zostera noltii, nas partes que quedan expostas durante a baixamar. Preto da escolleira podemos observar unha planta típica dos cantís: o pirixel de mar. Nas beiras do lago hai vexetación típica de marisma: xuncos, salicornias,...
  4. OS CANTÍS: as salpicaduras das ondas, a escaseza de solo, os fortes ventos, a salinidade...fan que, moitas veces , a vexetación dos cantís teña aspecto almofadado; nas partes máis baixas sitúanse o pirixel de mar e a herba de namorar (Armeria pubigera). Por riba deles crece o brizo (Angelica pachycarpa) e o pampullo (Calendula sp), ambas endemismos ibéricos, nas partes altas aparece o toxo (Ulex europaeus).
  5. A COSTA:  alberga unha gran diversidade de hábitats. A costa e mailos fondos mariños son uns dos valores que fan que as illas sexan parque nacional. Existe unha gran variedade de algas tanto na franxa intermareal como na zona supralitoral: leituga mariña (Ulva rigida), Fucus vesiculosus, Laminarias...

ABRUÑEIRO (Prunus spinosa)



ANEMOMORFISMO : As copas das árbores oriéntanse na mesma dirección
dos ventos dominantes











HERBA DE NAMORAR (Ameria pubigera)

A FAUNA :




    AS AVES MARIÑAS:
     A GAIVOTA PATIAMARELA (Larus cachinnans) cunhas 20.000 parellas reproductoras que fai de Cíes a colonia mundial máis númerosa.
    O CORVO MARIÑO CRISTADO ( Phalacrocorax aristotelis) cunhas 1.000 parellas, é unha das colonias máis grandes da península Ibérica e unha das máis importantes de Europa.
    Cormoráns grandes (Phalacrocoras carbo), Paíños, Carráns, Gaivota escura (Larus fuscus), Gaivota chorona (Larus ridibundus), etc, son tamén ocasionais en Cíes.

    CORVOS MARIÑOS CRISTADOS
    ANFIBIOS E RÉPTILES :

    Existe tamén unha gran variedade de réptiles e anfibios, quizais o máis representativo das illas sexa o LAGARTO ARNAL OU OCELADO (Lacerta lepida) que pode chegar a medir ata 75 cm e é moi importante na dispersión de sementes nas illas, como podes ver nos vídeos que tes a continuación :








    A FAUNA SUBMARINA:





    Na franxa intermareal :
    •  arneiróns, caramuxos, lapas...
    • Percebes, mexillóns,caramuxos...
    • Queimacasas, estrelamar...
    • Nas fendas agochanse os polbos (Octopus vulgaris), Ourizos...
    E un longo número de especies.



    OS FONDOS DAS CÍES

    Nas illas Cíes existen catro tipos de fondos mariños. Cada un coas súas peculiaridades :

    A) OS FONDOS ROCHOSOS:



    B) OS FONDOS DE AREA :




    C) OS FONDOS  MAËRL  E     D)OS FONDOS DE CASCALLO






    O AFLORAMENTO :



    FONTE: FARO DE VIGO (3-10-2010)


    Os afloramentos son os responsables da riqueza pesqueira e marisqueira da nosa ría. Tamén, este fenómeno, é o que fai que as augas da ría estean tan frías en primavera e verán.









    HISTORIA

    • Atopáronse diversos útiles de pedra asociados a Idade de Pedra.
    • Existen ruínas dun poboado castrexo e dun cuncheiro na zona de Hortas, no que se atoparon restos de cerámica e obxectos de bronce.
    • Na Idade Media estiveron nas Cíes os  normandos. E no s.XI os monxes bieitos fundaron un convento adicado a santo Estebo (actual centro de interpretación).
    • Atopouse tamén unha necrópole (cemiterio) medieval cun sartego antropomorfo e dúas tumbas
    • Hai referencias de ataques de piratas árabes e normandos , coa conseguinte fuxida dos habitantes das Cíes.
    • No s.XVI recalou en Cíes o pirata Francis Drake, que invadiu a ría de Vigo, saqueando todo o que atopaba ao seu paso.
    • No s. XIX instálanse fábricas de salgadura, pescaderías, carabineiros e almacéns. Moitos dos restos de muros, casas e muíños que se atopan hoxe nas illas pertencen a esta época.





    OS FAROS :

    Axudan ás embarcacións a fixar o seu rumbo. O fareiro das illas facía habitualmente de mestre para os rapaces ao non existir escola nas illas.



    A PESCA : ARTES DE PESCA E EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS


      

    AS VIVENDAS : construíanse na vertente oriental (Leste) para estar protexidas dos ventos.






    ALGÚNS MAMÍFEROS MARINOS QUE PODEMOS VER NA RÍA: OS CETÁCEOS

    Os cetáceos, de vida exclusivamente acuática, proveñen de animais terrestres, ungulados, suidos. Moitos dos seus órganos que lles eran útiles en terra, como as extremidades superiores, sufriron unha involución (regresión, volta atrás), mentres que as extremidades anteriores fóronse transformando en aletas. A aleta caudal, de posición horizontal é unha neoformación do tecido conxuntivo sen o soporte da estructura esquelética.
    Ao contrario que no resto dos mamíferos, as vías respiratorias e dixestiva atopámolas separadas na cabeza. Así, o orificio nasal (espiráculo) desprazouse dende o fuciño ata a parte alta da cabeza.
    Existen dúas clases de cetáceos : misticetos e odontocetos.
    Os odontocetos (odontos, en grego: dentes) teñen un corpo estilizado (golfiños, arroaces...) e os seus orificios nasais teñen un só respiradeiro (espiráculo). Teñen dentes.
    Os misticetos presentan na mandíbula superior ballenas en lugar de dentes, dous orificios nasais separados do espiráculo (baleas...). Estas baleas ou formacións córneas que teñen en lugar de dentes, filtran el krill (o seu principal alimento) da auga do mar. Poden medir de 5 a 25 m .


    MISTICETOS



    ODONTOCETOS
    GOLFIÑO (Delphinus delphis)
     ARROAZ (Tursiops truncatus)



    TONIÑA
    FOTOGRAFÍAS DA EXCURSIÓN 
    AGARDANDO O BARCO
    XA NO BARCO CARA ÁS CÍES
    CHEGADA ÁS ILLAS
    E COMEZAMOS A CAMIÑAR CARA AO FARO ...
    E VIMOS OS ALVÉOLOS OU "NIÑOS DE ABELLA" QUE A EROSIÓN
    PRODUCE NO GRANITO ....                                                                         
    NIÑOS DE ABELLA NUNHA ROCHA GRANÍTICA CAMIIÑO AO FARO
    ... E CHEGAMOS Á ROCHA DA CAMPÁ...
    ILLA DE SAN MARTIÑO (ILLA SUR) DENDE A SUBIDA AO FARO
    COLLENDO FOLGOS E RECUPERANDO FORZAS...
    A SUBIDA CUSTOU... PERO AS VISTAS MERECERON A PENA...
    CHEGANDO A FREU DA PORTA
    FREU DA PORTA É O PASO ENTRE A ILLA DE SAN MARTIÑO (AO FONDO)
    E A ILLA DO FARO...










    HORA DE XANTAR, PRETO DA PRAIA DE NOSA SEÑORA...
    NA PRAIA DE RODAS,"A PRAIA MÁIS BONITA DO MUNDO" SEGUNDO
    UN XORNAL BRITÁNICO ... 
    NO CEMITERIO DAS ILLAS
    SUBIDA AO ALTO DO PRINCIPE
    SUBIDA AO ALTO DO PRINCIPE ( ILLA DE MONTEAGUDO)
    ANEMOMORFISMO NAS ÁBORES
    VISTAS DENDE O ALTO DO PRINCIPE
    ALTO DO PRINCIPE : A CADEIRA DA RAÍÑA
    A EROSIÓN NO GRANITO:  PÍAS
    E DESPOIS DE CAMIÑAR E SUAR, POIS ÍA MOITA CALOR... O MERECIDO
    E REFRESCANTE BAÑO NA PRAIA DE FIGUEIRAS...                                     







    RAROS" SERES MARIÑOS" REPTANDO E INVADINDO A PRAIA DE FIGUEIRAS...



    REGRESO A VIGO

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario