lunes, 20 de mayo de 2013

LEVADAS DE CASQUEIROS (BORBÉN)






A Comunidade de Montes de Borbén ten habilitado un sendeiro, no municipio de Borbén de dificultade baixa e cunha lonxitude de 2,2 Km que percorre as LEVADAS  de regadío de CASQUEIROS e a FRAGA DE POZO NEGRO, nun entorno natural de gran valor ecolóxico formado por fragas de carballos e castiñeiros e bosques de ribeira a base de salgueiros, ameneiros e bidueiros.
 
A senda ten o seu comezo na Casa Reitoral que hai tras a igrexa de Borbén.
 
 
 
 
 
ZONA DA SENDA
 
 
 
COMEZO DO SENDEIRO
 
 
 
 
Nesta  senda trata de poñerse en valor o patrimonio natural e cultural das antigas levadas, antigas canles para o rego e para mover os muíños que se empregaban de xeito mancomunado.
 
A senda conta con varios paneis explicativos e está ben sinalizada, débese levar botas pois vai parella todo tempo á levada e se chove moito a auga pode saír da mesma.
 
Entre o patrimonio cultural cabe tamén destacar a igrexa parroquial de Borbén e a Casa Reitoral.
 
 
 
CASA REITORAL DE BORBÉN
 
 
 
IGREXA PARROQUIAL DE BORBÉN
 
 
 
A senda segue o curso do río do Pozo Negro dende a carballeira da Casa Reitoral ata Chan de Xunqueiras seguindo abraiantes paisaxes.
 
Podremos tamén observar varias fontes e antigos muíños como o de Cubelos, en bo estado de conservación.
 
A Pedra da Tola que eran varias pedras que dividían as augas da presa dos CASQUEIROS ENTRE AS COMUNIDADES de As Muras e Cuartos de Borbén, seguindo un sistema de VECEIRAS ou QUENDAS.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
FONTE DAS DÚAS CARAS
 
 
 
FRAGA DO POZO NEGRO
 
 
 
CRUCE CO GRG 58 SENDEIRO DAS GREAS
 
 
 
MUÍÑO DE CUBELOS
 
 
 
MESA DOS AMIGOS DA TOLA
 
 
 
 
 
MINA DE AUGA
 
 
 
MUÍÑO DA XANIÑA
 
 
 
PRESA DE CASQUEIROS
 
 
 
CRUCE CO PRG 26
 
 
 
REGO DA PORTA FRAGA
 
 
 
RÍO DO POZO NEGRO
 
 
 
 
RÍO DO POZO NEGRO
 
 
 
 
 
 
 
 
Ao longo do sendeiro é posible observar, tamén unha grande variedade de fieitos e brións.
 
Pódese alongar o percorrido seguindo calquera das outras dúas rutas sinalizadas, unha de Pequeno percorrido (PRG 26) ou ben seguir algún tramo do Sendeiro das Greas (GRG 58) coas que se cruza esta pequena pero atractiva senda.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario