lunes, 22 de abril de 2013

RUTA DA PEDRA E DA AUGA : ARMENTEIRA-BARRANTES

 











Trátase dunha ruta liñal duns 10 km situada nos concellos de Ribadumia e Meis, no interior da bisbarra do Salnés, entre as rías de Pontevedra e Arousa. Era unha antiga senda de peregrinaxe, na que atoparemos fervenzas, muíños, árbores autóctonas e paraxes naturais moi interesantes...

Seguiremos a andaina camiñando paralelos ao río Armenteira (afluente do río Umia), que une o mosteiro cisterciense de Armenteira, do s.XII con Barrantes.


MOSTEIRO DE ARMENTEIRA

O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA


 
ACTIVIDADE 1 : (4 PUNTOS)

NO ENLACE QUE TES A CONTINUACIÓN BUSCA A CANTIGA Nº 103 DE AFONSO X O SABIO E TRATA DE EXPLICAR:
A) QUE É O QUE SE VE NO RELEVO DA PORTA (NA ILUSTRACIÓN ANTERIOR)
B) RESUME A HISTRORIA QUE SE CONTA NA CANTIGA.
ENVÍA A TÚA RESPOSTA POR CCORREO ELECTRÓNICO
CANTIGAS DE AFONSO X O SABIO

PORTA DE ENTRADA AO MOSTEIRO








ROSETÓN E PORTADA DA IGREXA DO MOSTEIRO





CLAUSTRO PROCESIONAL CON BÓVEDAS ESTRELADAS





XARDÍN DO CLAUSTRO











 
 A ruta trata de poñer en valor a paisaxe e os eleementos etnográficos e poderemos contemplas ata 70 muíños, algúns deles rehabilitados e en funcionamento, como o muíño de Chantada que foi habilitado como Centro de interpretación onde se explica as especies que compoñen o BOSQUE DE RIBEIRA (salgueiros, ameneiros, freixos...) e a fauna que podemos atopas ás beiras do río. Neste Centro de  interpretación, mesmo podremos ver demostracións sobre a moenda.

Seguindo o curso do río Armenteira ata Meis poderemos achegarnos aos Muíños de Xerén, un fermoso espazo rehabilitado cun espazo de lecer nas abas do Monte do Boi. De seguido atoparémonos coa ALDEA LABREGA DE PEDRA : unha representación feita en granito pola ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA sobre a VIDA RURAL GALEGA de principios do século XX, con todos os  elementos tradicionais: igrexa, hórreo, forno, cruceiros, campesiños, animais domésticos ...

A ruta rematará na rotonda dos Castiñeiros en Barrantes.


O clima húmido e de temperaturas suaves é o que transforma esta bisbarra nun "invernadoiro natural" , graza a este clima o val é o que é: un lugar único dentro de Galicia e de onde saen productos únicos. En Ribadumia celébrase a Festa do viño tinto de O Salnés, o 1º sábado do mes de xuño, na que se reune un comité de catadores que premia ao mellor viño do certame. Seguro que se te fixas un pouco verás a cantidade de viñedos que hai. A uva é o principal cultivo desta bisbarra, tanto para obter viño branco (albariño) como tinto(Barrantes); estes viños teñen a Denominación de Orixe Rías Baixas, a mesma que tiñan os de O Rosal.

E, como di o refrán:

"Ou crecentes ou debalantes, as mareas con viño de Barrantes"



O ANTIGO ASERRADOIRO

Ao longo deste sendeiro veremos os restos dun antigo ASERRADOIRO que empregaba a forza da auga, como os muíños hidráulicos e batáns, etc, para mover a serra.

Aínda que o que temos ante nós , na actualidade, é un muíño, no pasado o que había neste mesmo lugar era un ASERRADOIRO  e con anterioridade a el, unha SERRA HIDRÁULICA.

Aínda que outros ENXEÑOS HIDRÁULICOS, como MUÍÑOS E BATÁNS, son coñecidos dende moito antes, o emprego da ENERXÍA HIDRÁULICA en SERRERÍAS ou ASERRADOIROS, non se produce ata ben entrada a Idade Media.






A  serra máis antiga estaba composta pola  RODA ou NORA encaixada directamente nun rebaixe da rocha localizada no mesmo río. Esta, a través dun sistema de BIELA-MANIVELA, emprazado nun dos extremos do EIXO ou ÁRBORE, convertía o xiro da roda nun movemento rectilíneo alternativo que facía posible o movemento da SERRA, a través dun sinxelo sistema de POLEAS E RODAS.






Todos estes elementos estaban baixo unha edificación non moi diferente á dos muíños.

Coa evolución tecnolóxica e quizais tamén debido ao baixo rendemento da serra antiga, sobre os restos desta ergueuse un ASERRADOIRO máis moderno que funcionaba cun motor de gasóleo, a súa estructura é a mellor conservada, xa que en parte estaba construída en formigón.

Posteriormente, este aserradoiro arruinouse e pechou e parte da súa estructura aproveitouse para edificar un moderno muíño de estilo tradicional.

 
 
O APROVEITAMENTO DA AUGA  (Este enlace diríxete a unha entrada deste mesmo blog, onde te podes informar sobre o emprego deste recurso)

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



HERBA DE OURO (RANÚNCULO)


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


PÍNTEGA RABILONGA (Chioglosa lusitánica) de característicos ollos saltóns. É UN ENDEMISMO DE ASTURIAS, GALICIA E NORTE DE PORTUGAL





COROCHA OU BÚGULA (Ajuga reptans)





HERBA DOS PITOS (Alquilegia vulgaris)



 









PRADO CON PAMPILLO (Coleostepus myconis)












FENTOS OU FIEITOS AGROMANDO



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



LIMPAFONTES COMÚN (TRITURUS BOSCAI)
 










 





 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
LAVADOIRO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
POLDRAS OU PASOS
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
POLDRAS OU PASOS
 
 
 
 
 
 
 
 
 A ALDEA LABREGA EN PEDRA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
MULLER CON COROZA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
APAÑANDO HERBA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CARRO DO PAÍS
 
 
 
 
 
 
FORNO
 
 
 
 
 
POZO E SELLA
 
 
 
 
 
 
HÓRREO, CANASTRO OU PALLEIRO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PORCA E BACORIÑOS
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
LAVADOIRO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CRUCEIRO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
FONTE
 
 
 
 
 
 
 
RAPAZ XOGANDO ÁS BOLAS
 
 
 
 
 
 
 
ERMIDA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
NENO CON TIRABOLAS
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PONTELLA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 DATOS DO PERCORRIDO:

DISTANCIA : 14 Km
VELOCIDADE MEDIA : 4Km/h
TEMPO EN MOVEMENTO: 3horas 30 min.
TEMPO DETENIDOS: 3 Horas

FOTOS DA EXCURSIÓN (4 MAIO 2013)














 
 

 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
LIBELIÑA DE ANEIS DE OURO OU LIBELIÑA TIGRE
 
 
 
 
CORDULEGASTER BOLTONII  COA SÚA NINFA

 
 
 
 
 




BRIÓNS (TORTULA MURALIS)




 
 
 
FENTA (BLECHNUM SPICANT)




FENTO DAS BOTICAS (ASPLENIUM TRICHOMANES)








 
 
 












 
 
 




 
 
 
LESMA COMÚN ( ARION ATER)



















 
 
 
 













 
 
 
 
 












 
 
 
 












 
 
 
 












 
 
 
 












 
 
 
 













BRIÓFITOS (TORTULA MURALIS)
 
 
 
 









 
 
 
 
 




VIOLETA (VIOLA PALUSTRIS)








 
 
 
 
 












 
 




GABRIEL E ELIAS FACENDO MALABARISMOS ...
 
 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario