viernes, 11 de enero de 2013

SENDEIRO DOS MUÍÑOS DE FOLÓN E PICÓN (PRG-94)


DATA: 20 ABRIL 2013. SAÍDA : 9 horas, CHEGADA : 18 horas



O ROSAL
 
O concello de O Rosal é coñecido como o Xardín do Baixo Miño pola súa gran variedade de tranquilos recunchos con paisaxes de gran beleza: campos, montañas, mar, ríos,..
 
Este val é famoso polos seus VIÑOS que posúen a Denominación de Orixe "Rías Baixas" e que están entre os mellores viños brancos españois, e polo MIRABEL, froito orixinario da Europa meridinal e que é envasado e comerciañizado dende aquí.
 
O Rosal conta con importantes monumentos, entre os que cabe salientar a PONTE sobre o río TAMUXE (afluente do Miño) que foi construída no s.XX sobre a anterior ponte romana. Tamén está á escultura en homenaxe aos CABAQUEIROS ou TELLEIROS, traballadores artesanais e tradicionais desta terra,...
 
Os muíños que imos visitar nesta ocasión están situadas nas abas (ladeiras) do monte chamado Campo do Couto.
 





MAPA DA ZONA (ANABAM)


O sendeiro dos muíños de Folón e Picón, no Concello do Rosal, é un percorrido curto pero con bastante desnivel. Dende el poderemos observar o val do Rosal, o monte Sta. Tegra, a desembocadura e esteiro do Miño, Portugal...
1.- RÍO MIÑO (ESTEIRO) 2.-MONTE SANTA TREGA 3.-PORTUGAL 4.-VAL DO ROSAL
(FOTOGRAFÍA DE ANABAM)



1.-INICIO SENDEIRO 2.-APARCADOIRO 3.-RÍO FOLÓN 4.-REGATO PADÍN 5.-FERVENZA DO RÍO FOLÓN
 6.-CHAN DE CEREIXEIRA 7.-Á ERMIDA DE SAN MARTIÑO 8.-MIRADOIRO DA CEREIXEIRA 9.-POZAS DO REGATO DA CAL 10.-CAMIÑO DE CARROS CON RODEIRAS 11.-MUÍÑOS DO PICÓN 12.- BARRIO DO PICÓN
(PLANO DE ANABAM)



FERVENZA DO RÍO FOLÓN


Os muíños están declarados Bens de Interese Cultural.

Ata o século XVII o cereal fundamental na economía galega foi o MILLO MIÚDO (Panicum miliaceum) e en menor medida o trigo e mailo centeo. Despois o millo miúdo foi substituído polo MILLO AMERICANO (Zea mays).

Este millo, para evitar as chuvias do outono, apañábase cando aínda non estaba totalmente maduro, polo que precisaba secarse para non apodrecer. Logo, a medida que se ía precisando, debullábase separando o carozo do carolo do gran e íase levando a moer aos muíños.

 A maior parte destes muíños era de HERDEIROS, é dicir, de varios propietarios, veciños ou familias emparentadas; outros eran PRIVADOS propiedade exclusiva dunha familia ou casa. Tamén existían os de MAQUÍA, nas que o muiñeiro cobraba pola muíñada parte da fariña obtida (a maquía).

As fortes pendentes permitiron a disposición dos muíños de xeito encadeado, formando agrupamentos denominados "CARREIRAS". Estes muíños poden funcionar a un tempo, xa que a auga procedente do inferno dun, pasa á canle do seguinte directamente.


MUÍÑOS EN CARREIRAS


O predominio na paisaxe da pedra facilitou a obtención do material para a construcción do edificio do muíño e do sistema de conducción da auga (levadas, etc).

O NIVEL: A DIVISORIA DE AUGAS:

É o lugar onde se dividen as augas que dan lugar ao PICÓN e ao FOLÓN, que a súa vez procedían principalmente dunha derivación do rio da CAL. Logo de multiples litixios, por ver quen tiña máis dereito a levar as augasaos seus muíños, decidiuse a construcción do NIVEL, onde as augas son divididas a parte iguais entre as dúas cuncas, estando os dous canos á mesma altura.


DIVISORIA DAS AUGAS






LEVADA


Seguindo a pista forestal pódese chegar ao río da Cal que conta con numerosas pozas e grandes e perigosos saltos onde se practican deportes de alto risco como o barranquismo.

En moitos casos as XAMBAS E LUMIEIRAS posúen INSCRIPCIÓNS  e MARCAS  relativas á data de construcción , aos donos ou cruces e outros símbolos empregados como protección contra o mal de ollo, etc

TIPOS DE MARCAS

CRUCES, DATAS (construcción ou restauración), NOMES, COVIÑAS, RISCOS(onde afiaban as ferramentas,...)

Podedes atopalas nos LINTEIS, XAMBAS,nas PEDRAS DE MOER,nas PÍAS, nas SOLEIRAS DAS FIESTRAS e poden localizarse tanto no interior como no exterior do muíño.























ACTIVIDADE 1

Durante a saída de sendeirismo podes completar estas cuestións (2 puntos). Podes imprimilos e completalos durante a saída ou enviar as respostas por correo electrónico)




(Fonte da actividade ANABAM)

Os muíños foron fundamentais na nosa economía tradicional, dende que esta tecnoloxía chegou a Galicia hai máis de 1.000 anos asociada á difusión dos mosteiros.
Sen embargo, os muíños foron substituídos aos poucos a partir da década de 1960, polos muíños eléctricos domésticos. Deste xeito, estes enxeños hidráulicos, que supuxeron os comezos da revolución das máquinas e que tiveron unha importante función social, xa que constituían lugares de encontro de familiares e veciños, perderon totalmente o seu protagonismo.


Os vellos muíños serven de refuxio a moitos animais que predisan cavidades como acubillo para pasar o inverno. Esta necesidade é especialmente importante en áreas onde as vellas árbores caducifolias, como os carballos, con abundantes ocos nos seus troncos,  teñen desaparecido e foron substituídas por árbores alóctonas de producción forestal como os eucaliptos (Eucaliptus globulus)-

Son hóspedes comúns dos muíños os morcegos que se alimentan voando ao longo do río durante o solpor e a noite ou a pavona común (Inachis io), bolboreta que pasa o inverno como adulto e voa xa nos primeiros días de primavera procurando estrugas para depositar os ovos.


PAVONA (Inachis io)


Nas zonas que están libres da presenza de piñeiros e eucaliptos pode apreciarse a presenza de ESPECIES TERMÓFILAS como a SOBREIRA (Quercus suber) e o ÉRBEDO ou ALVEDRO (Arbustus unedo) que acompañan a outras árbores autóctonas como son os Castiñeiros (Castanea sativa), Carballos (Quercus robur), Sanguiños (Frangula alnus), etc.

Unha especie de gran interese presente nesta área é o LAGARTO DAS SILVEIRAS (Lacerta schereiberi) que é unha especie endémica da península Ibérica. Este lagarto está asociado a zonas de mato e vexetacion arbustiva, localizadas principalmente en lindes de bosque, sebes e sobre todo silveiras, habitualmente nas beiras dos ríos.

LAGARTO DAS SILVEIRAS (Lacerta schreiberi)




Os grandes desniveis que caracterizan este lugar por unha parte a unha espectacular FERVENZA e por outra a paredes pétreas onde está presente a LAGARTIXA DOS PENEDOS (Podarcis hispánica) réptil de carácter especialmente termófilo; tamén aniñan aves como o RABIRRUBIO TIZÓN (Phoenicurus ochruros) ou o LAGARTEIRO COMÚN (Falco tinnunculus). Tamén é frecuente observar os voos de prospección do MIÑATO COMÚN (Buteo buteo) que constrúen os seus niños nalgunhas das grandes árbores de repoboación (piñeiros, eucaliptos).

















Nas augas limpas e osixenadas destes ríos está presente o TIZÓN ESMERALDA(Oxigastra curtisii) que é unha das libéliñas máis localizadas de Europa e presenta nesta Serra do Argallo unha das poucas poboación da  península Ibérica.










Os cabalos foron importantes para carrexar o gran e a fariña ata estes muíños, aínda se pode observar o camiño zigzagueante para as bestas e o camiño escalonado da xente, así como as numerosas PÍAS  ás portas dos muíños que servían para dar de comer e beber a estes animais.





Estes cabalos pertencen á RAZA AUTÓCTONA GALEGA e aínda viven en liberdade nalgunhas das nosas montañas e foron capturados para a súa domesticación en Galicia dende a Idade do Bronce.







A importante poboación de cabalos da Serra do Argallo ( O Rosal) deu lugar aos CURROS ou RAPA DAS BESTAS  próximos de VALGA, TORROÑA e MOUGÁS.

AS BRAÑAS

O enchoupamento nas valgadas deu lugar á formación de pequenas BRAÑAS caracterizadas pola QUEIROA VELUDA (Erica ciliaris) e tres plantas INSECTÍVORAS: 2 ORBALLIÑAS ou RORELIÑAS (Drosera intermedia e D. rotundifolia) e a PINGUICOLA LUSITANICA, de follas pegañentas onde prenden os insectos atraídos polas súas cores e cheiro. Estes insectos supoñen un subministro de nitróxeno e fósforo para estas plantas, do que son deficitarias estes solos.









Sempre nas proximidades da auga podemos observar a RA PATILONGA (Rana iberica) que ten restrinxida a súa distribución mundial ao norte e centro  da península Ibérica e tamén ao seu máximo depredador, a COBRA SAPEIRA (Natrix maura) que resulta inofensiva para o ser humano.




Podremos observar tamén, nas pozas a RA VERDE, doada de distinguir pola liña verde clara que ten nas costas





A VEXETACIÓN ARBÓREA

As árbores predominantes nesta zona son ÁRBORES DE REPOBOACIÓN fundamentalmente PIÑEIROS BRAVOS (Pinus pinaster) caracterizado por presentar as ACÍCULAS  agrupadas en pares, e o PIÑEIRO DE MONTERREI (Pinus radiata) ACÍCULAS en grupos de tres. e os  EUCALIPTOS (Eucaliptus globulus).



Entre estes piñeiros podemos atopar un gran número de AVES INSECTÍVORAS que son fundamentais para a boa saúde destas árbores, pois capturan ao longo de día centos de INSECTOS FITÓFAGOS, que poderían, de completar todo o seu ciclo, dar morte aos piñeiros.
Entre estes  paxariños destacan os FERREIRIÑOS (Parus major) que chegan a pendurarse de xeito acrobático das polas na percura de pequenas eirugas . Reciben este nome pois os seus sons lembran o son dos ferreiros traballando nas forxas.




Os piñeirais maduros son ricos en COGOMELOS micorrícicos ou simbiontes. Nesta asociación a planta subministra ao fungo ademais dun nicho ecolóxico, hidratos de carbono para que poida medrar. O cogomelo apórtalle á árbore unha maior capacidade de absorción de auga e nutrientes.

Entre as especies máis salientables destes piñeirais están o BOLETUS EDULIS  e SUILLUS LUTEUS.







Moitas especies de insectos desenvólvense no interior dos cogomelos, e ao abandonalos levan nos seus corpos un gran número de esporas.
Os cogomelos tamén serven de alimento a mamíferos como  os PORCOS BRAVOS (Sus scrofa) e ESQUÍOS (Sciurus vulgaris).




FOTOS DA EXCURSIÓN









































































MUÍÑOS DO FOLÓN "EN CARREIRAS"

























FERVENZA DO FOLÓN



































































FRONDES NOVAS DOS FENTOS OU FIEITOS COA SÚA CARACTERÍSTICA FORMA DE BÁCULO DE BISPO






















AO FONDO PORTUGAL, RÍO MIÑO. Á ESQUERDA MONTE E CASTRO DE SANTA TREGA. ABAIXO, Á ESQUERDA O VAL DO ROSAL.                                                                                                                                















ERMIDA DE SAN MARTIÑO










CHAN DA CEREIXEIRA









































CALCULANDO DISTANCIAS COA AXUDA DO MAPA, AS ESCALAS E O COMPÁS...



























POZAS DO RÍO CAL


























MUÍÑOS DO PICÓN












































 

No hay comentarios:

Publicar un comentario