miércoles, 4 de abril de 2012

ARDEN AS FRAGAS DO EUME

Non sei que motivo pode levar a un ou uns pirómanos, por chamarlles dalgún xeito, a queimar unha das poucas fragas atlánticas de ribeira mellor conservada  de Europa que, polo de agora, podiamos tod@s  disfrutar tanto da súa beleza paisaxística como da súa enorme biodiversidade... a enorme variedade de árbores, fentos únicos, animais...
Neste pasado mes de marzo incendiáronse dous importantes parques naturais galegos: o parque do Xurés e O das Fragas do Eume.

 Non sei ata onde pode chegar ás veces a estupidez do ser humano!!!
Creo que mellor que todas as palabras vale máis unha, ou neste caso unhas cantas imaxes, que nos fagan reflexionar a tod@s os sendeiristas que algún día disfrutamos delas...

Esperemos, se é posible, e non irreparable, que  no mellor dos casos non veña agora unha riada que empeore máis a situación...

Aló polo mes de xuño do ano 2010 pasamos un día agradable nestas senlleiras fragas, aí van pois na súa lembranza unhas cantas imaxes máis daquela excursión...



















































































































































































































































































































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario