domingo, 4 de septiembre de 2011

II ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO



O Domingo 18 de  setembro vaise celebrar unha andaina reivindicativa para este espazo natural.



Na Serra do Galiñeiro queren instalar un parque eólico coa contaminación visual e ambiental que leva parellas; unha morea de colectivos e asociacións de toda a nosa bisbarra, así como distintas asociacións de sendeiristas e montañeiros van a celebrar unha andaina de protesta para que non se instale o parque eólico e para que toda a serra sexa integrada dentro do Parque Natual do Aloia , para preservar os valores da serra : naturais, arqueolóxicos, paisaxísticos, faunísticos, botánicos ... deste espazo natural , que nós, como sendeiristas, tantas veces tivemos a oportunidade de percorrer e disfrutar na nosa actividade.
A marcha dará comezo no monte Aloia e  dirixiráse cara ao Galiñeiro (Aproximadamente 10 Km)
Anímate a participar nesta marcha e informa a canta máis xente mellor; se desexas máis información diríxete a este enlace :



Na etiqueta ALOIA deste blog de sendeirismo podes atopar moita máis información .


*AUTOBUSES
  • Desde VIGO:
IDA VIGO-ALOIA. Saída ás 9:30 da mañá desde a Praza de España de Vigo en dirección ao Monte Aloia.
VOLTA VINCIOS- VIGO. Saída ao remate do xantar e as actividades ás 18:00 horas desde o polígono da Pasaxe en Vincios.
O prezo é de 5 € por persoa
  • Dende VINCIOS:
VINCIOS-ALOIA. Saída ás 9:30 da mañá desde o Polígono da Pasaxe. Non hai autobús de volta xa que o punto de chegada é Vincios.
O prezo é de 3 € por persoa.

INSCRIPCIÓN :
É PRECISO QUE TE INSCRIBAS SE QUERES PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE :
Para facer a inscrición envía os teus datos a través da web montañeiros celtas (Se premes neste enlace aparecerá o impreso que tes que encher cos teus dato) 
Logo,  ingresa os cartos (5 euros) co teu nome, DNI e punto de partida na conta de Club Montañeiros Celtas en  Novacaixagalicia 2080 5000 68 3040260762.
Se podes envía un xustificante a presidente@celtas.net ou por fax 986 912 220.

NOTA :

DATA LÍMITE DA INSCRIPCIÓN, se vas en autobús , é o día 16 de setembro 2011.



SAÍDA DA ANDAINA DO MONTE ALOIA
18 setembro 2011


PARTICIPARON MÁIS DE 1.000 PERSOAS
CHEGADA AO P-F. DO GALIÑEIRO
BRAIS E GUILLERMO
LECTURA DO MANIFESTO POR X.L. MÉNDEZ
FERRÍN, PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA
DA LINGUA GALEGA.




No hay comentarios:

Publicar un comentario