sábado, 3 de octubre de 2015

PRG-2 MONTE ALOIA


SÁBADO 3 DE OUTUBRO 2015

Este sendeiro discorre lonxitudinalmente pola Serra do Galiñeiro dende o refuxio de Montañeiros Celtas do Galiñeiro ata o Monte Aloia en Tui.


Camiño do monte Aloia co Galiñeiro ao fondo

Pasaremos polas parroquias de Morgadáns, Chenlo e Pazos de Reis pertencentes aos Concellos de Gondomar, Porriño e Tui.
No percorrido podremos contemplar os vales dos ríos Miñor e Louro.

FICHA TÉCNICA DO SENDEIRO


Os bosques de piñeiros e eucaliptos cobren a maior parte do itinerario agás no Parque Natural do Monte Aloia onde existe unha enorme e rica variedade de vexetación e fauna.
Antes de chegar ao cume do monte Aloia pasaremos por unha pedra coñecida como Pedra do Acordo, pedra poligonal que atoparemos nunha encrucillada de camiños onde conflúen cinco parroquias pertencentes a tres Concellos. Esta pedra colocouse tras un conflicto de competencias territoriais e logo de chegar a un acordo xusto para todos.





PERCORRIDO




Sairemos do P.F. do Galiñeiro por un camiño empinado que algúns xa subistes noutras ocasións ata chegar ao refuxio de Montañeiros Celtas. En dirección sur seguimos por unha pista entre carqueixas e toxos ata chegar ao collado do  monte Arruídos (algúns xa estivestes no seu cume) recoñecible porque ten  unha caseta de vixilancia forestal e varias antenas.


MONTE ARRUÍDOS
Seguiremos a pista ata chegar a un merendeiro que se xunta coa estrada que vai de Chenlo a Chaín.


PERFIL DO SENDEIRO

SERRA DO GALIÑEIRO


Seguiremos logo por unha pista que é un atallo que nos levará ata a estreita estrada da vertente norte do monte Aloia. Por esta estrada chegamos á pequena vila de Bouzas , na que hai varios acivros arbóreos e unha rocha granítica con multitude de cacholas (ocos).
Despois só nos queda chegar ao cume do monte Aloia, sempre seguindo os sinais brancos e amarelos.


VERTENTE LESTE DO ARRUÍDOS

No cume, cuberto dunha variadísima vexetación podemos ver a Ermida de San Xián e a rocha chamada "Cama de San Xíán". Hai tamén 5 miradoiros : Enxeñeiro Areses, González Paramos, Oliva, Cruz (cume do Aloia, 631m) e Castelo, todos eles con fermosas vistas e dende onde podremos ver o río Miño, Portugal, etc.

O PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

Este parque caracterízase pola gran variedade de especies tanto autóctonas como alóctonas.
Entre as especies  vexetais existe unha gran variedade de fungos, liques e brións:
(Le a páxina de liques que hai neste mesmo blog)
CLADONIA
A Cladonia bellidiflora é un lique moi sensible á contaminación.

Amanita muscaria
Existe unha gran variedade de amanitas : muscaria, phalloides...Así como outos exemplares de outras especies.






Usnea barbata























Ademais de liques, fungos e brións existe tamén unha enorme variedade de plantas e flores:









ACTIVIDADE 1: Por que se chama tollemerendas a esta planta? (1 PUNTO)














Crocus sativa



Xunto cos Cáncaros ou Primaveras (Prímulas) os Amarelles ( Narcisos) son das primeiras flores que aparecen anunciando a primavera.







CUSCUTA
A Cuscuta ou Barbas de raposo é unha planta con aspecto filamentoso que parasita aos toxos e outras plantas.


ACIVRO



SOBREIRA OU CORTICEIRA
ACTIVIDADE 2:  Sabes que material se extrae da sobreira ou corticeira ? (1 PUNTO)










ÉRVEDO OU ALBEDRO
(Arbustus unedo)


ACTIVIDADE 3 :       a) Que bolboreta se alimenta exclusivamente nesta árbore?
 b) En que zona abunda esta bolboreta?
                        c) Que conteñen os froitos desta árbore? (1 PUNTO).
Manda un correo ao meu enderezo coas tres respostas


Castanea sativa



Picacú, rusco,(Ruscus aculeatus)
Na anterior saída de sendeirismo vimos que esta planta era empregada en usos medicinais-

ACTIVIDADE 4 : EXPLICA PARA QUE SE EMPREGA ESTA PLANTA (1 PUNTO)



















A FAUNA












































ACTIVIDADE 5 : a) Amais de insectos que outras cousas comen os lagartos arnais?  b) En que benefician ás plantas estes lagartos? Explica como.( Na páxina de flora e fauna dos afloramentos rochosos tes un vídeo sobre os lagartos arnais que te pode axudar a coñecer a resposta desta actividade) (1 PUNTO)


































Entre o mato que cobre o monte podes apreciar os breixos (Ericáceas) e os toxos e xestas :





ACTIVIDADE Nº 6.- Onte ao longo do sendeiro vimos dous cogomelos como o das fotos , saberías dicir os seus nomes? (1 PUNTO)


FOTO Nº 1


FOTO Nº 2






SEMPRE QUE ENVÍES AS RESPOSTAS INDICA O TEU NOME, APELIDOS E CURSO

FOTOS  DO SENDEIRO GALIÑEIRO-ALOIA (3 OUTUBRO 2015) 6ºE.P.- E E-S-O 


CURRO DO GALIÑEIRO





O CURRO DE SABUCEDO (VÍDEO)






A TOUBA DO BRIÓN







A TOUBA DO BRIÓN







PETROGLIFO DE AUGA DA LAXE

























































































































PRADO




































PEDRA DO ACORDO








PEDRA DO ACORDO DOS CONCELLOS DE PORRIÑO,GONDOMAR E TUI




PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA




























MONTE ALOIA (631 m)



















CAMA DE SAN XIÁN




















No hay comentarios:

Publicar un comentario