martes, 19 de abril de 2011

FLORA E FAUNA DOS AFLORAMENTOS ROCHOSOS

Nos nosos montes  é moi frecuente que nos atopemos con afloramentos rochosos de granito maiormente. Nestes afloramentos atópanse animais e plantas característicos que se adaptan a determinadas condicións.Algunhas das especies son endémicas, danse só nesta zona.
Son estas áreas de grande interese ecolóxico e moitas delas están declaradas como Zonas de Uso Restrinxido , como no monte Aloia, Serra do Xurés, as Illas Cíes, etc.



1.Liques 2.Uvas de lagarto (Sedum arenarium) 3.Tomiño (Thymus caespitititus) 4.Linaria saxatilis 5.Carrasco (Erica umbellata) 6.Uroctea durandi   7.Lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica) 8.Lagarto arnal (Timon lepidus)

LAGARTO ARNAL (Lacerta lepida)


No enlace que tes a continuación do GRUPO DIVULGARE DA UNIVERSIDADE DE VIGO tes unha animación en 3D sobre o lagarto arnal e a súa importancia na dispersión de sementes nas Illas Cíes :

No hay comentarios:

Publicar un comentario